Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Senda Litoral entre o Porto e a praia do Molino

Martes 6 de Marzo de 2007

A semana pasada celebrouse na Xefatura de Costas de Pontevedra, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, unha reunión na que estiveron presentes a Sra. Xefa de Costas, o deputado A. Louro e o portavoz do Grupo Municipal Socialista e candidato á alcaldía da Guarda Domínguez Freitas.

O motivo fundamental de dita xuntanza radicaba no interés de Domínguez Freitas por impulsar o proxecto de Senda Litoral entre o Porto da Guarda e a praia do Molino en Camposancos, que leva tantos anos atrancado. Froito desta reunión, esta mesma semana xirou visita á Guarda o Subdirector de Costas do Estado quen, despois de inspeccionar o traxecto por onde vai discorrrer a Senda Litoral, mostrou a súa disposición a que, unha vez solventadas unha serie de eivas que melloran o proxecto orixinal, este vai recibir a aprobación de Costas. Como xa coñece a cidadanía, no pasado o Grupo Municipal Socialista tomou distintas iniciativas no Concello tentando axilizar o proceso, sobre todo no tocante ás expropiacións e posta a disposición do Ministerio dos terreos precisos para executar a senda litoral. Agora a nosa pretensión é que a obra sexa unha realidade canto antes e todos poidamos disfrutar axiña dun paseo inigualable pola beira do mar. Aparte da senda peatonal, a obra proposta conta cun tramo de carril bici que poderá no futuro chegar ata Camposancos e, para ser absolutamente respectuosa co medio ambiente, vai levar un tramo aéreo de madeira para salvar a singular zona de seixos do Seixal. Nesa mesma reunión Domínguez Freitas tamén lle plantexou á Xefa de Costas a necesidade de limpar e adecuar os camiños seculares que tanto dende a estrada de Baiona como dende a circunvalación ó monte Trega levaban á ribeira do mar, comprometéndose a Xefa de Costas a facelo en breve.

Redactado por Redacción el Martes 6 de Marzo de 2007
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.