Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Bases do concurso do “Cartel anunciador da XVII Festa da Langosta e da Cociña mariñeira”

Miércoles 18 de Abril de 2007

O concello da Guarda ven de aprobar as Bases polas que se rexerá o concurso do Cartel anunciador da XVII Edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que nos publicamos a seguir integramente. XVII FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA

30 de xuño e 1 de xullo do 2007

O Concello da Guarda, no seu desexo de promocionar e potencia-la Festa da Lagosta, convoca o concurso “CARTEL ANUNCIADOR DA XVII FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA”

BASES

1.- Poderán participar neste certame tódalas persoas que o desexen sen límite de idade.

2.- Establécese un premio individual de 500 euros para o cartel gañador.

O premio estará suxeito á normativa fiscal que proceda.

3.- O premio poderá quedar deserto se o xurado así o estimar.

4.- Para optar ó premio, os traballos deben ser orixinais, realizarse verticalmente en papel de 47 por 64 cms,. Presentaranse suficientemente protexidos e montados sobre soporte ríxido e desmontable, que permita a súa perfecta exposición. A técnica a utilizar será libre, dentro dos límites usuais para permitir unha normal reproducción fotomecánica. Teranse en conta na valoración do traballo certas similitudes formais ou calquera outro tipo de semellanzas que induzan á identificación do referente.

5.- Os carteis terán que ser presentados sen sinatura e baixo un lema que estará escrito no dorso do cartel, acompañado dun sobre pechado que porá no seu exterior o mesmo lema e no seu interior a identificación, enderezo, teléfono e NIF do autor/a.

6.- Os traballos deberán ser enviados ó CONCELLO DA GUARDA, Praza do Reló s/n 36780 A Guarda (Pontevedra) , coa indicación : “Concurso do Cartel Anunciador da XVII Festa da Langosta e da Cociña mariñeira.

O Concello de A Guarda non responderá dos posibles danos ou estragos que poidan sufrir-los carteis como consecuencia do seu transporte, manipulación, montaxe e desmontaxe, en caso de realizarse algunha exposición destes. Por este motivo, os carteis presentaranse en soporte de cartón, cartón-pluma ou similar, evitando na medida do posible o emprego de cristal, metacrilato, enmarcado, etc…

Deberá incluír os escudos do Concello, Deputación de Pontevedra e logos do Patronato Rías Baixas e Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, podendo o Concello solicitar do autor o cambio de situación destes elementos se o considera oportuno.

7.- O prazo de admisión de carteis pecharase o día 15 de maio ás 15 horas. Non serán admitidos os carteis que se reciban con posterioridade.

8.- O xurado, seleccionado para o efecto e que contará necesariamente cun membro do Goberno Municipal, dará a coñecer publicamente en datas vindeiras, o nome do gañador do CONCURSO DO CARTEL anunciador da “XVII Festa da Langosta e da Cociña mariñeira”.

9.- Unha vez determinado o gañador do concurso, a decisión do xurado será inapelable e farase pública antes do día 18 de maio do 2007.

10.- O Concello da Guarda poderá difundi-lo traballo premiado do xeito que considere oportuno e disporá de tódolos dereitos sobre o mesmo. Reservándose a facultade de facer unha exposición nunha dependencia municipal durante 15 días.

11.- O Concello da Guarda, devolverá os orixinais non premiados que sexan reclamados e recollidos polos seus autores, dentro do mes seguinte ó da decisión do xurado ou exposición si se fixera, sen recoñecer dereitos de reclamación ou indemnización de ningunha clase.

12.- O/A autor/a deberá permitir modificacións puntuais (cambio de data, inclusión de horario e similares se fora preciso para unha mellor difusión da festa..

13.- A fin de evitar erros de convocatorias anteriores, prégase ós concursantes que teñan en conta as características propias da langosta e non confundila con outros crustáceos.

14.- A presentación a este concurso supón a aceptación plena das presentes bases.

Redactado por Redacción el Miércoles 18 de Abril de 2007
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.