A asociación Avelaíña de axuda a persoas con enfermidade mental inaugura centro en A Guarda
Miércoles 18 de Abril de 2007
Ao acto teñen previsto asistir representantes da Dirección Xeral de Acción Social –pertencente á Vicepresidencia da Xunta-, así como da Fundación La Caixa e da Xunta de Acción Local da Fundación Comarcal do Baixo Miño. Tamén estará presente o alcalde de A Guarda, José Luis Alonso Riego, acompañado de toda a corporación municipal.
Avelaíña centra o seu ámbito de actuación na provincia de Pontevedra –e en especial- nas comarcas do Baixo Miño, Vigo e o Condado. A través da xestión dun Centro de Rehabilitación Psicosocial, a asociación pretende cubrir as funcións básicas de socialización da persoa con enfermidade mental no entorno comunitario, educación, terapia, rehabilitación e apoio á familia.
A Guarda, 18 de abril de 2007. – Avelaíña (Asociación de axuda ás persoas con problemas de saúde mental) inaugura o próximo venres 20 de abril ás 12.00h en A Guarda a primeira fase do seu novo Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral.
Con ubicación en A Portela (Salcidos), a nova sé de Avelaíña abriu as súas portas o pasado mes de xaneiro, aínda que o acto oficial de inauguración non se celebrará ata este venres. O local -a antiga Escola Unitaria guardesa- é unha cesión do Concello magnificamente rehabilitada e acondicionada coa axuda de financiamento autonómico (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar) nacional (Obra Social da Fundación La Caixa) e europeo (Programa PRODER 2 para o desenvolvemento rural).
Esta primeira fase de execución forma parte dun proxecto global máis amplo concibido para alberguar distintos servizos da asociación. Deste xeito, nun segundo estadio tense previsto levar a cabo o acondicionamento do segundo andar do edificio e, con posterioridade, unha fase final na que se contempla a creación dun piso protexido.
As actividades desenvolvidas no centro artéllanse entorno a catro grandes áreas. Área socioeducativa (na que se celebran obradoiros de prensa, cociña, educación de adultos, etc.); área terapéutica (a través da cal se leva a cabo un seguimento do usuario, psicoeducación e psicoterapia); área ocupacional (con obradoiros de cerámica, restauración de mobles ou cursos de informática) e área prelaboral (na que se forma e orienta ao usuario de cara á busca de emprego).
Para máis información ódese chamar ao número de teléfono de Avelaíña: 986 610 021 ou ao enderezo electrónico asociacion@avelaina.org.
As novas instalacións:/b>



Redactado por Redacción el
Miércoles 18 de Abril de 2007