Poxa de arte a beneficio de San Xerome Emiliani
Miércoles 2 de Mayo de 2007
O Centro San Xerome Emiliani da Guarda celebra o próximo
sábado 5 de maio ás 20:30 horas no centro Cultural da Guarda
a 1ª Poxa Benéfica de Arte con obras doadas por artistas de
dentro e fora da comarca do Baixo Miño entre as que se atopan
pinturas de Fernando Quesada, Huete, Fernando Casás, Xosé Luis de Dios,
Antonio Heredero e Ana Legido esculturas de Buciños, Silverio Rivas,
Antúnez Pousa, Acisclo Manzano, Picallo e Xoan Piñeiro, serigrafías de Leiro,
Xaime Quesada, Pedro Solveira e Isaac Pérez Vicente e fotografías de
Jorge Barbi e Modesto Martínez.
A poxa será conducida polo crítico de Arte, Camilo Franco.
Nalgúns casos hai prezos de saída e noutros , por expreso desexo do
artista-doante- a poxa partirá de cero euros.
Previamente, as obras estarán expostas dende o venres 28 de abril
ata o 4 de maio no Centro San Xerome Emiliani, na Guarda.
Os beneficios desta poxa completarán o orzamento anual do Centro que
cubre a Administración galega nun setenta por cento.
Na actualidade atende a máis dun cento de persoas con discapacidade
intelectual xunto coas suas familias. Para cubrir os gastos anuais,
a Asociación recurre á venta na súa tenda de productos elaborados
no centro e outros de comercio xusto , a axudas de empresas e
particulares, ós socios,e a outras actividades solidarias como a
rifa anual dos mariñeiros.
O Centro San Xerome Emiliani agradece a colaboración de tódolos
artistas e valora o alto grao de compromiso social demostrado nesta
convocatoria solidaria.
Lista completa de artistas :
Pintura: Alicia Alonso,Yayo Quesada, Antonio Heredero, Mariola Heredero,
Santiago Montes Areas, Juan Garcés, Fernando Casás, Luis Alcántara,
Xosé Luis de Dios, Huete, Ana Legido, Miguel Luengo, Mario Rodriguez,
Carlos Maño, Javier Fradua, Lis, Juan Valcárcel, Alicia Alonso,
Fernando Quesada, Puri del Palacio, Ramón Trigo, Antón Buciños,
M. José P. Ceinos, Jhon Weeden, Eulalia Jackson, Libia Domínguez,
Basilio, Mari Varela, Maite, Teresa Añón e Chus González.
Escultura: Antúnez Pousa, Silverio Rivas, Acisclo Novo, Acisclo Manzano,
Buciños, Magín Picallo, Xuxo Vazquez, Xoan Piñeiro, Cuqui Piñeiro,
Soledad Penalta, Jesús Balado, Teresa Añón, Nando Álvarez, José Molares,
Pedro do Bao, Denisa Curte, Ortiz, Carlos Fernández, Julio Martínez, Quico e Rai.
Serigrafías, debuxos: Xaime Quessada, Leiro, Isaac Pérez Vicente, Pedro Solveira e Xurxo Penalta
Collage: Natalia P. García
Fotografía: Jorge Barbi e Modesto Martínez
Podedes contactar para entrevistas ou para ampliar información con
Feliciano Valcárcel: 676 966 223 ou no mail emiliani@aguarda.com
Redactado por Ioshu el
Miércoles 2 de Mayo de 2007