Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Reunión dos candidatos do Partido Socialista do Baixo Miño coa conselleira de Pesca

Viernes 11 de Mayo de 2007

Clic para ampliar Oia, 11 de maio de 2.007. Os candidatos do partido socialista no Baixo Miño reuníronse no día de hoxe coa conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego, para avaliar as oportunidades de desenrolo que ofrecen os novos fondos comunitarios para o período 2007 -2013. Así mesmo estudiaron os beneficios que suporán para a comarca a nova Lei de Desenvolvemento Rural do goberno de España e o Plan director de conservación da Rede Natura que está a levar a cabo a Xunta de Galicia.

Os socialistas do Baixo Miño apostan por políticas comarcais que favorezan a creación de emprego e o aproveitamento dos recursos naturais.

Os novos fondos da Unión Europea destinados o desenvolvemento do agro e do mar prestan especial atención á diversificación económica, a través de medidas novedosas que inclúen a protección dos territorios e o fomento das enerxías renovables, a xestión sostible dos recursos naturais e a recuperación do patrimonio etnográfico marítimo.

Dentro das medidas a poñer en marcha nunha política comarcal que pretende fixar poboación, crear emprego e aproveitar os recursos naturais, poderáse financiar con estes fondos a recuperación de barrios mariñeiros para o turismo, de antigas instalacións como as pesqueiras, cetáreas e gamboas para transformalas en lugares de ocio, a creación de aulas de interpretación da natureza, o fomento do comercio rural de productos artesáns da zona coma os mirabeles, marmelos, e lamprea, e a instalación de enerxías renovables nas pequenas cooperativas de productos da horta, flor e viñedo.

Os novos fondos tamén permitirán fomentar novos usos do monte: aproveitamento de productos hoxe infrautilizados como as setas, ou a utilización de productos agrícolas e forestais para producir enerxía e abonos orgánicos.

Estes proxectos e outros relacionados con esta política levaranse a cabo coa participación activa dos concellos da comarca nos grupos de acción que se constitúan o amparo destes novos fondos comunitarios.

A nova lei de desenvolvemento rural que está tramitando o goberno de España persigue a integración económica, social e territorial das zonas rurais para diversificar a actividade económica, para mellorar a calidade de vida da poboación e conservar e recuperar o patrimonio natural e cultural. O Baixo Miño está comprendido dentro da catalogación das zonas rurais periurbanas vinculadas á Rede Natura.

Ó mesmo tempo, o obxectivo do Plan Director de Conservación da Rede Natura que está desenvolvendo o goberno da Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, é ordenar e clarificar todos os usos posibles incentivando e primando os tradicionais, ao mesmo tempo que se amplia a Rede Natura ate ocupar un 18% do territorio galego.

Redactado por Redacción el Viernes 11 de Mayo de 2007
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.