Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

'ábaco' reúnese cos diferentes grupos politicos

Jueves 24 de Mayo de 2007

A asociación reclamalle ás formacións que aposten dunha maneira firme polo comercio e o turismo. A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘abaco’ rematou onte a rolda de reunións que mantivo coas distintas formacións políticas que se presentan o próximo domingo 27 ás eleccións municipais.

‘ábaco’ pide un cambio radical na política da Guarda e reclama ás distintas formacións que aposten dunha maneira firme polo comercio e o turismo, xa que é a fonte de ingresos e recursos da vila mariñeira. Outros temas tratados foron a necesidade dunha autovía Tui – A Guarda cunha circunvalación e o polígono industrial, fundamental para o futuro da comarca. Ademais, outro punto de discusión de vital importancia a resolver foi o aparcamento público, a saída do porto da Guarda para o tráfico pesado, a revisión das taxas de basuras e a recollida de lixo, a limpeza das rúas todos os domingos, a peatonalización de Vicente Sobrino, o cumprimento da Lei de Horarios Comerciais, a necesidade dunha nova Praza de Abastos e o transporte público. Por outro lado, tamén se tratou a disolución do patronato do monte Santa Trega, xa que dende a asociación se entende que non funciona e é un freo para o desenvolvemento do monte e do turismo.

A asociación está a realizar tamén unha enquisa por todo o comercio da Guarda para coñecer as inquietudes dos empresarios e comerciantes e expoñerllas así ás formacións políticas. Unha das conclusións que se acordou con urxencia, xa que así o solicitan o 90% dos enquisados ata o momento, é a apertura do comercio os sábados pola tarde. Isto viase a propoñer en breve, coa promoción do comercio con actividades e publicidade.

Dende que foi aprobada a nova Lei de Horarios Comerciais, ‘ábaco’ denunciou no Concello e na Cosellería de Innovación e Industria aos distintos establecimentos que non están cumprindo esta lei, abrindo os domingos con máis de 150 m. de superficie. Este domingo día 20 de maio ‘ábaco’ requeriu da Policía Local para testificar e poñer denuncia dun local con máis de 150 m. que tiña as súas portas abertas ao público, esperando que desta forma os trámites sexan máis rápidos e a lei se faga cumprir.

Redactado por Redacción el Jueves 24 de Mayo de 2007
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.