8 deportistas do club San Xerome na selección galega da FEGADDI
Miércoles 30 de Mayo de 2007
Os próximos 7,8 e 9 de xuño terá lugar en Vigo o V Campionato de España de Seleccións Autonómicas “VIGO 2007”, organizado pola FEGADDI (Federación Galega de deporte para discapacitados intelectuais).
Neste Campionato participarán 14 Seleccións autonómicas, nas especialidades de: Natación, atletismo, fútbol sala, baloncesto e tenis de mesá. No proxecto estarán implicadas máis de 1000 persoas.
O noso Club estará representado na Selección galega, con 8 deportistas:
Natación: Vanesa Martínez Dacuña (O Rosal) e Fabio Martínez Otero (Goián - Tomiño).
Atletismo: David Barbosa Pereira (Estás - Tomiño) e Javier Portela Vieira (Tabagón - O Rosal).
Fútbol sala: Carmelo Cadilla Pena (A Guarda) e Pablo Martínez González (A Guarda).
Baloncesto: María García Orduna (San Miguel - O Rosal) e Maite Rodríguez Barros (Goián - Tomiño).
Estes deportistas incorporaranse a concentración da Selección Galega o próximo mércores 6 de xuño.
Sorte!
Na fotografía, David Barbosa un dos nosos deportistas seleccionados.
Redactado por Satoko el
Miércoles 30 de Mayo de 2007