Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Acto social dedicado a todos aqueles que creeron no proxecto político socialista para o pobo guardés

Sábado 16 de Junio de 2007

O Alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas participou as 13, 30 deste día 16 de xuño, despois da toma de posesión, como un acto social dedicado a todos aqueles compañeiros e compañeiras que creeron no proxecto político socialista para o pobo guardés.


José Antonio Uris explica quen foi Brasilino Álvarez diante da sua tumba; Como é sabido Brasilino foi o derradeiro Alcalde republicano de A Guarda ata as 14,30 horas do día 27 de xullo de 1936, data e hora na que as tropas mandadas polo Tenente de Carabineiros Salvador Buhigas Novo entra na Guarda, chega ao Concello destitúe a Brasilino e nomea a Francisco Moreno Alvarez “Paco Moreno”. Brasilino foi despedido polos aplausos da multitude que agardaba acontecementos na Praza da República (Hoxe Praza do Reloxo) e o 7 de decembro de 1936 foi fusilado o final da Corredera de Tui. Único delicto ser Alcalde de A Guarda, republicano, presidente do Partido Galeguista e boa persoa. Xunto con el foron fusilados: Roque Camilo Carrero Lorenzo, concelleiro socialista e dirixente do Partido Socialista Agrario de Camposancos; Francisco Lloret Gándara dono da Pensión “El Argentino” sita na rúa Calvario nº 1 (Hoxe estudio do Arquitecto local Ignacio); Juliano Díez Alvarez carteiro na Guarda, membro do Fronte Popular e Manuel Vicente o Manoto, un inocente fusilado no lugar de outro guardés salvado por un crego que puxo outro nome…
 

Tumba do Alcalde da Guarda Don Brasilino Alvárez Sobrino na entrada ao cemiterio de Sestas.
 
Panorámica das tumbas de Antonio, Angel e Manuel Domínguez Pacheco vistadas polo Alcalde A Guarda e demais concelleiros e concelleiras despois da toma de posesión.
 

José Antonio Uris explica quens foron Antonio, Angel e Manuel Domínguez Pacheco diante da sua tumba.
 

Momento no que José Manuel Domínguez Freitas deposita as rosas no solo da Fosa Común.
 

Panorámica da FOSA COMUN DE SESTAS co perfil do Alcalde da Guarda. Cada catro anos (Eleccions Municipais) é institucional para os socialistas a visita a este lugar onde estan soterrados 47 republicanos de distintas localidades de Asturias, León e outras localidades. Fusilados primeiro 17 e logo 30 en xullo e agosto de 1938. Mercede a cuestacions populares se fixo este monumento inaugurado en 1986 a memoria dos republicanos “pasados por las armas” e inaugurado por Manuel Dominguez Pacheco (Presidente da Comisión Pro Fosa Común) e Juan Noya Gil (comprador da leira e xunto a súa familia artífice do contacto cos pobos de Asturias).

 
Momento no que o Alcalde de A GUARDA, José Manuel Domínguez Freitas deposita unhas rosas na tumba onde están soterrados Juan Noya Gil, presidente ata seu pasamento da Agrupación Socialista de A Guarda. Foi concelleiro na IIª República; Secretario do Partido Galeguista en 1936, editor do semanario local Nuevo Heraldo, dono do Bar Deportivo Guardés (Logo Bar Celta), fundador e xogador do Club de fútbol deportivo Guardés e autor do libro FUXIDOS. E quen mercou a leira onde esta a Fosa Común, é súa dona e compañeira, Dolores Domínguez Pacheco “Lola”, unha das GRANDES mulleres guardesas, unha loitadora. Lola no momento en que as tropas militares (27 xullo 1936) entran na Guarda xa asaltan e queiman a imprenta de Nuevo Heraldo, requisan o bar e debe afrontar dignamente o feito de que seu home pase a ser un “fuxido”, seu cuñado Manuel Noya Gil sexa asasinado e martirizado nas pedras do mar de Portecelo, e que seu dous irmáns Angel e Antonio fosen paseados aos poucos dias na Sangriña. Debe atender, ademais, a seus pais xa maiores e enfermos e aos filliños que tiña con ela… como digo ¡unha auténtica muller guardesa, loitadora e que endexamais se encolleu por naide nin por nada!. Como anécdota direi que para poder alimentar a seus fillos e pais tivo que poñerse de cociñeira no Restaurante Xurado no Trega (Angel Jurado Romero), onde hoxe está o Museo do Trega… e un día no que un grupo de falanxistas e militares con o Capitán da Garda Civil TERESA (un auténtico criminal), comeron no restaurante… o Capitán Teresa reclama a Angel Jurado… ¡que veña a cociñeira para felicitala!, porque a comida fora excelente… e lle dí Xurado “es mejor que no venga porque es la mujer de un huido, y hermana de dos fusilados ultimamente”… ¡nin que dicir da dixestión que tivo o Capitán, pensando o mellor que a boa da tía LOLA poudera poñer veneno no xantar…
 
O Alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas no momento de poñer duas rosas vermellas na tumba da compañeira “Paca” dona Francisca Cividades, Como compañeiro e amigo de PACA quero tamén dicir na súa honra que foi unha muller que que lle votou ” o que hai que votarlle a vida” para criar a seus fillos e seguir co sorriso diario …¡como si non pasara nada !. Un bico moi forte PACA…de todos os que te estimamos dende sempre…
 

Textos: José Antonio Uris. Fotografías: Fernando Coello

Redactado por Redacción el Sábado 16 de Junio de 2007
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.