| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
O equipo da cafetería oasis, ganador do primeiro torneo de mini fútbol san xerome emilianiMartes 19 de Junio de 2007
Dos 12 equipos inscritos, pasaron a fase final disputada integramente o domingo, os seguintes: Expert - A Cachada - Cafetería Avenida de Goián - U.D. Ribera - Cafetería Oasis - Sporting Guardés - Marisquería Roxo e Queima Roda do Rosal. O terceiro e cuarto posto decidiuse no lanzamento de penaltis, estando máis acertados que o equipo da Cafetería Avenida de Goián os compoñentes da Marisquería O Roxo. Na disputadísima final, o equipo do Oasis, venceu por 3 goles a 2 o Expert. No cadro de ganadores, Luis compoñente do Expert, foi o máximo goleador do torneo con 8 goles, e o equipo da Cafetería Oasis foi o equipo menos goleado con 5 goles en contra. Dende o Club deportivo San Xerome, queremos agradecer o exemplar comportamento de tódolos equipos, o numeroso público asistente o Torneo, a Rubén, Tonio e Sevilla (árbitros), a tódolos voluntarios/as que fixeron posible a realización do Torneo (sobre todo a Salinas e David Parada), a Ferreira polo servizo de Bar, e a Nito - Novás pola insistencia para que nos meteramos nesta historia. Fotografías do Torneo en: sanxerome.com/fotos Arquivo: Torneo Mini - fútbol 07 Na fotografía, os equipos finalistas do Torneo: Cafetería Oasis e Expert. Redactado por Redacción el Martes 19 de Junio de 2007Comentarios
Comentar este artículo
|