| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
A Rúa Malteses e o Ministerio de Obras Públicas en 1969Martes 19 de Junio de 2007
A rúa Malteses con a penas dous metros de ancho estaba conformada de pequenas casiñas con un patín cara a o mar co obxectivo de ir directamente as gamelas ou barcos, tamén para saír cas redes para poñelas a secar, para controlar os secadoiros de congro, pescada ou xurelos postos nas pedras do Cangrexal, Rejiño etc-etc.Tamén había pías para petala “casaca” co fin de tinxilas redes.
Era esta rúa, digamos, como o centro neurálxico do barrio mariñeiro. Lembrar que ata no Baradeiro se poxaban toda clase de peixes pois o non haber Lonxa a vida mercantil desenrolábase alí, mesmo cando era a época da recolección do argazo ( no século XIX era chamado “estiercol del mar”), que era amontonado na rúa de O Porto para ser levado en carros e cabalerías para as leiras da Vila e do Rosal. ¿Porqué leva o nome de rúa Malteses?. E dificil saber con exactitude os oríxenes do seu nome o non haber documentación que o confirme. Existe un pequeno folleto publicado pola Imprenta de Juan Antonio Pacheco en 1873 titulado “La Guardia. Un recuerdo de Galicia” no que se di que [….] los primeros pobladores del barrio de la Rivera, que empezaron a explotar la pesca y la salazón, dando salida para otros pueblos a los productos de esta nueva y más importante industria, FUERON LOS TRIPULANTES DE UN BARCO MALTÉS, que corriendo una tempestad entró en la pequeña bahía totalmente desarbolado… Pero insisto non hai documentaciónque o demostre. En canto o barco desarborado que figura no escudo de A Guarda, en nada ten que ver con ese barco maltés. O barco sen velame no escudo foi unha concesión do rei Fernando III en premio aos heroes guardeses que combateron contra os mulsumans na conquista de Sevilla en 1248. Mandaba a escuadra o galego Payo Gómez Charino, dous barcos tripulados por mariñeiros guardeses, portugueses, de Baiona e de Pontevedra romperon as defensas no barrio de Triana e comezou a victoria… Nembargantes dende o século XIX ata moi entrado o XX, as autoridades municipais en lugar de poñer no escudo o barco sen velas puxeron outro co velame “a todo trapo”, posiblemente, digo posiblemente, porque quedaba mais bonito. O historiador local don Juan Dominguez Fontela explicou mellor o nome da rúa Malteses […] en la ciudad de Lisboa y en otros muchos puertos portugueses, se daban antiguamente el nombre de MALTESES a los marineros, mercenarios o jornaleros, es decir, a aquellos que no estaban enrolados al servicio fijo de una embarcación determinada, están en sus casas esperando al mar, ya para cubrir plazas vacantes… Como la influencia de los usos y costumbres de Portugal ha sido siempre muy grande en los pueblos fronterizos gallegos y especialmente en los pueblos del mar próximos a la boca del río Miño, muchos marineros en aquellas condiciones, se haya dado vulgarmente este nombre a la calle.. Pero o que eu trato hoxe de explicar son as reinvidicacións do Ministerio de Obras Públicas – Dirección Xeral de Portos e Señais Marítimas en 1969 sobre dificios e patins da rúa Malteses. Título: ACCIÓNS REINVIDICATORIAS NA ZONA DA RÚA DE MALTESES, NESTA VILA, EXERCITADAS POR MEDIO DA AVOGACÍA DO ESTADO DE PONTEVEDRA, EN NOME DO MINISTERIO DE OBRAS PÚBLICAS (DIRECCIÓN XERAL DE PORTOS E SINAIS MARÍTIMAS). ANTECEDENTES: O orixe da Vila da Guarda remóntase, aproximadamente ao século XV-XVI, época en que se asentaron os primeiros poboadores dedicados a tarefas da pesca, precisamente na zona inmediata a unha cala, chamada na actualidade da Marina na que está situada a rúa MALTESES. Este primitivo grupo de poboadores fixeron da zona seu territorio vital, e de pais a fillos os inmobles (casiñas, patíns) foron transmitidos de boa fe, e ca súa actividade da pesca deron o grande paso para que A Guarda se convertera nunha localidade de importancia. Pasaron os anos e a zona de Malteses foi crecendo día a día debido ao constante esforzo destas xentes modestas e traballadoras, o que produciu un interese nas Autoridades Municipais daquela época, quen decidiron ordenar cos medios que tiñan a seu alcance a actual rúa Malteses, que discorre paralela A Zona Marítimo Terrestre da cala natural (que hoxe chamamos Porto). No ano 1880 o Goberno aprobou a Lei de Portos do Estado, que regulaba a institución de deslinde das Zonas Marítimo Terrestres e clarexaba dita Norma legal a procedencia de separar e clarexar situacións dominicais (de propiedade), tanto públicas como privadas. Nesa Lei o Ministerio de Fomento naquela época podía proceder plenamente ao deslinde da Zona Marítimo Terrestre de Malteses sen que o fixera ata a actualidade (1969). Fotos de José Suarez Redactado por Redacción el Martes 19 de Junio de 2007Comentarios
Este artigo sobre a rua Malteses me trai muitas recordacións de pequerrucho, pois alí vivian meus abuelos paternos do meu Pai Luis Lomba Rodriguez e ainda vive a miña tia Ascesión Lomba Rodriguez e seu fillo Tito, meu primo. Eles viven na rua Malteses n. 1. Como non existe verdade sobre as orixes do nome Malteses, pouco importa, pero o que vale e que me lembro muito dos meus paseos dali.Gracias. Enviado por: Gabriel Lomba Santiago el Viernes 13 de Julio de 2007 a las 05:59Comentar este artículo
|