Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Impresións do Concello da Guarda sobre a Festa da Lagosta da Guarda

Miércoles 11 de Julio de 2007

Escudo da GuardaO Concello da Guarda mostra a súa satisfacción polo desenvolvemento da XVII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira e considera que estamos ante un repunte da festa que nos últimos anos viña amosando un preocupante declive.

Os datos son elocuentes, consumíronse máis de 900 racións de lagosta, superáronse as 600 racións de polbo, elaboráronse para o evento máis de 5000 croquetas do prezado crustáceo e do típico roscón de xema da Guarda, a sobremesa preferida polos que acudiron ao evento gastronómico, superáronse as 100 unidades. Consideramos que foi todo un éxito e estamos moi satisfeitos polo traballo realizado.

A afluencia de público superou as expectativas de todos, mesmos dos restaurantes colaboradores, que tiveron que facer provisión de máis materia prima para atender as demandas dos asistentes.

O ambiente de festa propiciou a aparición dalgunha charanga expontanea que incluso logrou arrancar aplausos dos comensais.

Os fogóns dos restaurantes colaboradores non tiveron nin un pequeno respiro nestas dúas xornadas de exaltación dos productos do mar, e o mesmo podemos dicir do resto de restaurantes e bares do porto guardés. Destacamos a importante colaboración e traballo da policía local, funcionarios e persoal do Concello da Guarda que, traballando man a man co novo equipo de goberno, axudaron a conseguir o éxito deste evento organizado nun tempo record.

Pedimos desculpas a tódolos asistentes polos erros de organización que se puideron producir co compromiso de que trataremos de mellorar para a seguinte edición.

Redactado por Redacción el Miércoles 11 de Julio de 2007
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.