Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Apertura do Telecentro

Domingo 15 de Julio de 2007

Escudo da GuardaO Concello da Guarda abriu o pasado 2 de xullo, no segundo andar do Centro Cultural, o seu TELECENTRO. Ca posta en funcionamento deste servicio o noso Concello convértese en entidade colaboradora do proxecto de dinamización da sociedade da información en Galicia.

A instalación, de acceso a tódolos públicos, conta con 8 ordenadores que teñen conexión adsl a internet e 3 máis para usos múltiples que cumpren tamén a función de fomentar o uso software libre. Durante a tempada de verán o horario do telecentro é de 10 a 13 horas e de luns a venres.

Dende os ordenadores do telecentro pódense conectar a rede de redes tódolos veciños da Guarda, de 12 a 13 horas os luns, martes, mércores e xoves, o venres e o día de portas abertas e pódense conectar dende as 10 ata ás13 horas. Na actualidade estanse a desenvolver nesta aula de ordenadores 2 obradoiros de iniciación a informática e a internet, un para adultos e outro para nenos/as.

O proxecto do telecentro desenvólvense gracias a iniciativa da Rede de Dinamizadores da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) e a Concellalía de Novas Tecnoloxías do Concello da Guarda. Os obradoiros teñen por obxecto acercar ós veciños da Guarda as novas tecnoloxías e romper así a fenda dixital. Son unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na sociedade da información e o desenvolvemento rural.

Estas Obradoiros con carácter gratuíto teñen unha gran aceptación por parte dos veciños, con tódalas prazas ofertadas cubertas.

Asdo. Antonio Lomba Baz
Concelleiro de Novas Tecnoloxías do Concello da Guarda

Redactado por Redacción el Domingo 15 de Julio de 2007
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.