Deporte na praia
Martes 24 de Julio de 2007
As actividades de deporte na praia amplíanse este domingo á práctica de volei-praia.
O Concello da Guarda pon ó dispor dos interesados monitores que atenderán a todos aqueles que, sen inscrición previa nin custe de ningún tipo, desexen practicar as actividades ofertadas de tai-chi e ioga postas en marcha o pasado fin de semana, e de volei praia que comezarán a impartirse o próximo domingo. Tai-chi e ioga desenvólvense na Lamiña os sábados de 18.30 a 20.00 e están pensadas para todo tipo de públicos, independentemente da idade e condición física dos participantes. No mesmo sentido de participación aberta se desenvolverán as actividades de volei-praia na Lamiña que comezarán a funcionar o próximo domingo de 17 a 19 h.
Redactado por Redacción el
Martes 24 de Julio de 2007