A TDT chega á Guarda (Actualización)
Jueves 2 de Agosto de 2007
O Concello da Guarda informa que desde o 31 de xullo poden sintonizarse a través do sistema de TDT (Televisión Dixital Terrestre) o primeiro grupo de canales de TVE: TVE1, TVE2, 24 h., CLAN TV así como cadeas de radio que veñen a engadirse á TVG e GALEGA AMERICA da televisión de Galicia.
Desde a Concellalía de Novas Tecnoloxías estase a traballar para que o resto das cadeas de TV amplíen a cobertura A Guarda para que os veciños accedan a TDT antes de que se cumpran os prazos límite fixados polo Ministerio de Industria que contempla a implantación total para o ano 2010.
O Concello da Guarda informa tamén que para recepcionar a TDT é necesario dispoñer dun decodificador de TDT e unha antena dixital. Todas aquelas persoas que non reciban correctamente o sinal de TDT, dispoñendo de decodificador, é probable que non dispoñán da antena específica para o sinal dixital.
Redactado por Redacción el
Jueves 2 de Agosto de 2007