XII Travesía a nado ao Porto da Guarda
Lunes 20 de Agosto de 2007
O próximo sábado 25 de Agosto 17:00 h celebrarase a XII Travesia a Nado ó Porto da Guarda. É unha proba aberta a todas as persoas interesadas sen límite de idade e que se desenvolverá en dous percorridos diferentes: circuíto de 600 metros para mulleres e homes das categorías A, B, C, D e 1200 metros paras as restantes.
Ademais dos trofeos para os dous vencedores absolutos da proba recibirán trofeos os tres primeiros clasificados en cada categoría. Os interesados deben anotarse enviando un fax cos datros persoais (apelidos e nome, ano de nacemento e, se é o caso, clube de natación ó que pertencen) ó número de fax da asociación Érguete (986 61 44 07) antes do día 23 de Agosto ás 13h. De consideralo máis sinxelo poden chamar os interesados ó teléfono do concello da Guarda 986 61 45 46 onde se realizará a inscrición.
Categorías
Feminina
- A Anos 2001 ó 2007
- B Anos 1996 ó 2000
- E Anos 1992 ó 1995
- F Anos 1987 ó 1991
- G Anos 1972 ó 1986
- H Nacidos ata 1971
Masculina
- C Anos 2001 ó 2007
- D Anos 1996 ó 2000
- I Anos 1992 ó 1995
- J Anos 1987 ó 1991
- K Anos 1972 ó 1986
- L Nacidos ata 1971
Redactado por Redacción el
Lunes 20 de Agosto de 2007