Presentación do disco de Tino Baz
Lunes 17 de Diciembre de 2007
O vindeiro día 19 de Decembro no Centro Cultural da Guarda, terá lugar a presentación de Cinsa Namorada, o primeiro traballo discográfico do cantautor Tino Baz, que leva por título o poema da escritora luguesa Marica Campo, que xunto a outros textos do cantor guardés integran este traballo de música de autor.
Gravado durante os meses de Setembro e Outubro, nos estudios Casa de Tolos de Gondomar i editado pola discográfica PAI MÚSICA, o traballo é dirixido musicalmente polo veterano músico Moisés Quintas que é quen asume a tarefa dos arranxos e da coordinación da participación dos diferentes músicos que interveñen na gravación. Para o acto está confirmada a asistencia do director musical antes mencionado e intervirán no mesmo, algúns dos músicos que arrouparon ao cantautor durante o proceso de gravación. O acto dara comenzo as 20:00 horas.
Redactado por Redacción el
Lunes 17 de Diciembre de 2007