Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Títeres Tanxarina en Goián

Viernes 14 de Diciembre de 2007

TanxarinaO próximo domingo 16 de decembro ás 18:00 horas no Auditorio de Goián a compañía de títeres TANXARINA presenta “ SOMBREIROS sen chapeu” , acto organizado pola Asociación Cultural Eliseo Alonso.

Trátase dunha obra creada coa técnica de sombras chinesas onde a silueta negra é a protagonista, o espazo escénico é a luz e a música a narradora das accións.

Non hai palabras, sustituidas nesta ocasión por unha sutil manipulación das personaxes que a través de oito pequenos relatos contan historias para o divertimento e contemplación do ollo do espectador. Veremos a Charlot convertido en improvisado patinador : tamén un mago chinés coa sua trupe de coellos, excelentes equilibristas, un concerto con final calmitoso…e moitas máis personaxes.

Un espectáculo onde os titiriteiros de TANXARINA transformados en sombreiros sen chapeu presentan unha montaxe en branco e negro chea de novas ideas elaboradas en sombras chinesas e desenvoltas no seu taller de construcción, manipulación e ensaios.

Tanxarina Títeres naceu no ano 1983 e hoxe é a máis recoñecida ew prestigiosa do teatro de títeres galego.

A obra vai dirixida a un público familiar e recomendada para nenos maiores de seis anos.

Os actores-manipuladores son Eduardo Rodríguez, Miguel Borines e Andrés Giraldez. O espectáculo está producido pola compañía e o IGAEM.

Lugar: Auditorio de Goián Data: domingo, 16 de decembro Hora: 18:00 Entrada: 2 € para menores de 18 anos. Adultos: 5€

Se queredes máis información do grupo www.tanxarina.com

Redactado por Redacción el Viernes 14 de Diciembre de 2007
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.