Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

O Concello apoia a II Mostra de Teatro non Profesional "Gabriel Feixó Araúxo"

Miércoles 19 de Diciembre de 2007

Onte, martes, o Subdirector Xeral de Centros, Carlos Encisa, e o Delegado Provincial de Educación, Cristóbal Fernández, en compañía do Alcalde de A Guarda e do Concelleiro de Educación, visitaron o IES de A Sangrita, onde foron recibidos pola Directora do centro e outros membros do equipo directivo.

O motivo principal da visita era anunciarlle ó equipo directivo a concesión dun fondo específico de 6000 euros para apoiar a 2ª mostra de teatro non profesional do Baixo Miño “Gabriel Feixó Araúxo” e que vai servir para acondicionar o salón de actos do Instituto para este fin.

A mostra de teatro non profesional do Baixo Miño tivo a súa primeira cita no 2007 e acolleu a perto de 30 grupos de teatro, dos que o 50% eran grupos de teatro de centros de toda Galicia , entre eles o do noso IES.

A petición formulada polo IES, e que agora ten concreción coa concesión deste fondo, foi apoiada de xeito decidido polo Concello da Guarda, e moi especialmente pola Concellalía de Educación que ostenta Antonio Lomba.

En dita visita, as autoridades educativas deron a coñecer as cifras de inversión da Delegación de Educación no Concello da Guarda nestes dous últimos anos. No ano 2006, invertíronse nos centros educativos da localidade 280.488,75 euros e no 2007, 100.613,22 euros, o que da un total no bienio de 381.101,97 euros, cifras que falan ben as claras do seu interese por ter os centros educativos en bo estado.

Redactado por Redacción el Miércoles 19 de Diciembre de 2007
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.