| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
Un grupo de profesores do IES A Sangriña da Guarda obteñen un premio nunha convocatoria de recursos educativos innovadores.Viernes 21 de Diciembre de 2007A Xunta concede os premios aos mellores recursos educativos para a Sociedade da Información. O Diario Oficial de Galicia do día 18/12/2007 publicou unha orde da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria que resolve os premios a recursos educativos para a Sociedade da Información para profesorado de ensino non secundario financiados con fondos públicos. Os galardóns foran convocados por Educación e mais Industria no mes de xuño. Na modalidade de materiais curriculares web o 1º premio foi para o traballo : A auga, aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial, realizado por un grupo de profesores do IES A Sangriña da Guarda, coordinados por Antonio Lomba Baz profesor de Tecnoloxía. Os demais membros deste grupo de traballo son:
O recurso educativo premiado é o froito de tres anos de traballo e investigación deste grupo de profesores que contaron cun numeroso grupo de colaboradores. O resultado final é unha páxina web multimedia e interactiva, que emprega as últimas tecnoloxías de para a elaboración deste tipo de materiais, na que se aborda a auga e a enerxía hidráulica dende a perspectiva das distintas especialidades dos autores. A páxina pode visualizarse no enderezo: http://centros.edu.xunta.es/iesasangrina/auga/ Redactado por Redacción el Viernes 21 de Diciembre de 2007Comentarios
Comentar este artículo
|