Curso de Formación Básica para Adultos organizado polo Concello da Guarda
Jueves 10 de Enero de 2008
O Concello de A Guarda, organiza un ano máis o curso de Formación Básica para Adultos, enfocado ás persoas maiores de 18 anos que queiran amplia-los seus coñecementos, promocionarse social e laboralmente ou acceder á educación secundaria.
Estas ensinanzas básicas organizaranse no segundo nivel, no que se inclúen o ámbito matemático, o medio sociocultural e natural e o da comunicación, nas áreas de lingua castelán, galega e estranxeira.
Tódalas persoas interesadas en participar neste curso poden face-la inscrición no departamento de desenvolvemento local do Concello dende as 9:00 ás 13:00 horas, de luns a venres sendo o custe gratuíto.
As axudas para a realización das actividades de alfabetización e formación de adultos, inscríbense dentro das axudas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.
Redactado por Redacción el
Jueves 10 de Enero de 2008