Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

O Instituto da Xuventude do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, aposta por “Xeratrium”

Lunes 14 de Enero de 2008

A boa nova recibiuse estes dias con ledicia no San Xerome. O Proxecto de “Iniciativa xuvenil” presentado ó Ministerio de Traballo no marco do Programa de acción comunitaria “A xuventude en acción” foi seleccionado entre moitas outras opcións.

Esta resolución de 22 de decembro pasado, vai significar a posibilidade de darlle continuidade de formación ó grupo de teatro creado recentemente no Centro San Xerome.

O grupo Xeratrium está composto por 10 xovenes con discapacidade intelectual, 5 voluntarios que apoian a iniciativa e dirixidos por Irene Moreira Fontán da Compañía de teatro Xerpo Cultural de O Porriño (www.xerpocultural.com). O proxecto subvencionado ata o próximo mes de xuño, pretende mellorar aspectos tales como:

  • Crear confianza, erradicar o medo ó ridículo e a crítica
  • Desenrolo psicomotriz, vocal e afectivo de acordo as posibilidades de cada un
  • Autocoñecemento
  • Improvisación

Neste proxecto a discapacidade non vai ser unha limitación, xa que as actividades estan deseñadas a medida dos actores e actrices, e o que se lles vai pedir é aprender sen frustracións.

A formación vai impartirse un dia a semana, unha vez rematada a xornada laboral, e complementarase con 5 monograficos mensuais. Un destes monográficos será o de percusión creativa, e terá lugar na mañán do próximo 8 de febrero, dia no que celebraremos o 27 aniversario do funcionamento do Centro.

Outros monográficos seran: “actividades circenses”, “expresión corporal”, “conta contos” (farase coincidir co Dia das letras galegas), “autonomía individual e grupal” (a través de actividades de cociña, tarefas da casa …). Os monográficos serán abertos a participación de outros xovenes escolares da localidade , co que intentaremos fomentar a integración social. Está previsto que a primeira aparición pública do grupo nesta segunda fase da sua andaina sexa na 2ª Mostra de teatro non profesional do Baixo Miño “Gabriel Feixó Araúxo”, organizada polo Centro Goianés (Tomiño), I.E.S. A Sangriña (A Guarda) e á Oficina Xuvenil Transfroiteiriza de Tui.

Redactado por Redacción el Lunes 14 de Enero de 2008
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.