Exposición, 'O Mundo das árbores' na Casa da Cultura
Lunes 14 de Enero de 2008
Dende o 15 ao 31 de xaneiro á Casa da Cultura – Sala de Exposicións do concello de A Guarda terá lugar a mostra didáctica medioambiental titulada El Mundo de los Árboles, coa que pretende achegar a nenos e adultos os aspectos máis interesantes e curiosos deste mundo natural.
Cunha mensaxe clara e concisa, esta mostra explica as características das diferentes especies arborícolas que se poden atopar na Península Ibérica, para que a través do seu coñecemento a sociedade aprenda a preservalas.
A exposición está formada por máis dunha trintena de paneis fotográficos de gran formato, ademais de mostras de cortes de madeira, nas que se poden apreciar os aneis de crecemento e detalles da casca, ou un sementeiro, entre outros elementos.
Cada fotografía vai acompañada dun texto no que se describen os aspectos máis importantes de cada árbore e algúns dos datos máis singulares como as súas dimensións, enfermidades, pragas, crecemento e usos tradicionais.
Os alumnos recibirán durante a visita unha unidade didáctica que ten como obxectivo afianzar os coñecementos adquiridos na visita á exposición.
Dende unha web poderanse descargar as fichas didácticas da exposición, que están deseñadas para que poidan empregalas ben durante a visita á exposición, ben para traballar a posteriori ou mesmo de maneira combinada.
A exposición estará aberta ao público de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Para a coordinación das visitas pode chamar ao 986 610 000.
Redactado por Redacción el
Lunes 14 de Enero de 2008