Bases do Desfile Concurso de Carnaval 2008
Lunes 14 de Enero de 2008
O Concello da Guarda ven de publicar as bases do Desfile Concurso de Carnaval 2008. Ao pé das bases adxuntamos o formulario de inscripción e autorización.
- BASES -
PRIMEIRA.- O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza o Desfile Concurso de Carnaval 2008.
O prazo de inscrición para o Desfile-Concurso de Carnaval 2008, será entre os días 14 de xaneiro ata o 30 de xaneiro, ambos inclusive, en horario de oficina, de 9:00h a 14:00h, excepto sábados que o horario será entre as 10:00h ata as 13:00h.
SEGUNDA.- A saída do desfile será ás 17:00 horas dende a Praza de San Bernardo (“Esquina Famosa”) e rematará na Alameda.
TERCEIRA.- Requisitos para participar no concurso:
- Presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello no prazo establecido. (en impreso facilitado polo Concello)
- No transcurso do desfile o concursante deberá colocar o numero que se entregará ó rexistrar a solicitude de maneira visible para que o xurado poida tomar nota.
- Estar puntualmente no lugar indicado para a saída do desfile ás 16:30 horas.
- As persoas que non presenten solicitude a través do Rexistro Xeral tamén poden participar no desfile pero non teñen opción á premio.
-CUARTA.- Xunto coa solicitude farase entrega da seguinte documentación:
-Maiores de idade: Fotocopia do DNI.
-Menores de idade: Fotocopia do DNI da persoa que os represente.
-En caso de grupos, carrozas e comparsas só DNI da persoa representante.
-Os menores de idade deberán acompañar autorización para participar no concurso.
- No caso dos grupos, comparsas e carrozas, indicarase o número de participantes
QUINTA.- As modalidades que poderán entrar en concurso son:
-Carrozas: Considéranse carrozas un grupo de alomenos 6 persoas representando algún tema enriba dun móbil (carro, tractor, motocultor…) o conductor poderá ou non ir incluído, déixase a criterio dos participantes.
-Comparsas: Participarán no grupo un mínimo de 10 persoas.
-Grupos: Estaran formados por 3 ou mais persoas, ata un maximo de 9.
-Individual: Inclúense nesta modalidade, ademais dos disfraces individuais, as parellas que desexen participar.
Na modalidade Individual haberá dúas categorías:
- Infantil, ata 12 anos
xuvenil-adulto, a partir de 13 anos.
No caso de parellas, cando un só dos participantes teña máis de 12 anos considerarase na categoría xuvenil-adulto.
SEXTA.- Cualificación:
1- A cualificación, en cada unha das modalidades e categorías, será determinada polo Xurado do concurso, que estará formado por un Presidente, (O Concelleiro de Cultura ou persoa na que delegue), e cinco vocais en representación de entidades socioculturais do Concello, que serán nomeados pola Concellería de Cultura actuando como secretario/a o de menor idade.
2- Cada membro do xurado cualificará de 1 a 10 cada carroza, comparsa e disfraz individual participante. No caso de empate, procederase a unha segunda puntuación.
3- A entrega de premios terá lugar o mesmo día de celebración do Desfile. Unha vez feita a avaliación polo Xurado o secretario fará público o resultado mediante a lectura da acta correspondente.
4- O Xurado poderá determinar a concesión de accésits, se así o considera oportuno.
5- O Xurado poderá declarar deserto algún dos premios.
6- O Xurado terá a capacidade de determinar se os inscritos como carrozas cumpren as condicións para ser consideradas como tales.
7- A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sendo a decisión do Xurado inapelable.
SÉTIMA.- PREMIOS
A) COMPARSAS:
1º PREMIO…………………500 €
2º PREMIO…………………400 €
3º PREMIO…………………200 €
4º PREMIO…………………100 €
B) CARROZAS:
1º PREMIO…………………500 €
2º PREMIO…………………400 €
3º PREMIO…………………200 €
4º PREMIO…………………100 €
C) GRUPOS:
1º PREMIO…………………200 €
2º PREMIO…………………..100 €
3º PREMIO………………….. 80 €
4º PREMIO………………….. 60 €
D) INDIVIDUAL XUVENIL-ADULTO:
1º PREMIO…………………100 €
2º PREMIO…………………..80 €
3º PREMIO…………………..60 €
4º PREMIO…………………..40 €
E) INDIVIDUAL INFANTIL:
1º PREMIO…………………100 €
2º PREMIO…………………..80 €
3º PREMIO…………………..60 €
4º PREMIO…………………..40 €
Descargas:
Formulario de inscripción
Aproveitamos para recomendarlle ao Concello que adxunte este tipo de documentos en PDF xa que o formato Word non é nada seguro e pode ser modificado por erro.
Redactado por Redacción el
Lunes 14 de Enero de 2008