Obradoiros de Informática e Internet no Telecentro
Lunes 14 de Enero de 2008
O Concello da Guarda e a Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial) coa colaboración de red.es poñen en marcha a segunda fase do programa de dinamización das novas tecnoloxías.
O telecentro da Guarda conta dende esta semana, despois dun período sen responsable da aula de novas tecnoloxías, cun dinamizador da sociedade da información.
A Concellería de Novas Tecnoloxías en colaboración coa Rede de Dinamización ten programado, a partir do mércores 16, as seguintes actividades:
De 11-12,30 obradoiro de iniciación a informática e internet en colaboración co Club da Terceira Idade.
De 16,30-18 Obradoiro de internet.
O obradoiro de iniciación a informática e internet está enmarcado dentro dos cursos de primeiro nivel de alfabetización dixital, está dirixido a persoas que non teñen ningún tipo de formación nin experiencia no manexo de ordenadores. O obradoiro de internet está orientado a persoas que xa realizaron o curso de primeiro nivel ou que xa teñen algo de experiencia no manexo de ordenadores.
Ao dispoñer dun dinamizador, a aula de novas tecnoloxías do concello poderá ampliar o seu horario de apertura
Redactado por Redacción el
Lunes 14 de Enero de 2008