| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
'ábaco' afirma "En Galicia non somos parvos"Lunes 28 de Enero de 2008
Ábaco expresa o seu malestar e indignación polo anuncio publicitario da empresa de orixe alemá Media Markt, no que di “Galicia es muy cara, esto se va a acabar, Media Markt, Yo no soy tonto”. Dende esta asociación consideramos que este anuncio supón un menoscabo aos intereses económicos de toda a comunidade galega, así como un duro golpe a todas as empresas que nela están establecidas. Ademais de subestimar ou intentar menosprezar a capacidade dos consumidores que non realicen as súas compras neses establecementos. Cabe sinalar tamén, que esta empresa caracterizada pola súa publicidade agresiva ten xa antecedentes tanto de denuncias coma de sancións, por incorrer en supostos de publicidade ilícita e insultante como o sinala o artigo 3 da Lei 34/1988 Xeneral de Publicidade onde se prohibe “todo anuncio que atente contra a dignidade da persoa ou vulnere os valores ou dereitos recoñecidos na Constitución”. Dende ábaco solicitamos a retirada inmediata desta campaña publicitaria á que consideramos de pouco ética e desprestixadora tanto do noso comercio coma da nosa xente. Redactado por Satoko el Lunes 28 de Enero de 2008Comentarios
Pois a min pareceme perfecto, non é que somos tontos se non que nos toman por tontos, e iso a ver se acaba Enviado por: Manel el Jueves 7 de Febrero de 2008 a las 20:34Totalmente de acordo. Eu cada vez que quero mercar algo na suas tendas (Madrid) sempre me atopo co mesmo, as cousas que están ven de prezo están esgotadas, e ofrecente outras mais caras que en calquer otra tenda. O anuncio hai que entendelo do revés, e non mercarlle nada. Comentar este artículo
|