Conferencia sobre o Selo de Calidade Comercio Galego
Miércoles 13 de Febrero de 2008
O pasado luns 11 de febreiro Fernando Coello e Ángel Luis Baz asistiron en representación de ‘ábaco’ a unha conferencia-debate na sede do Foro Galego do Comercio en Bueu sobre o Selo de Calidade Comercio Galego e na que se falou sobre a Lei de Comercio de Galicia.
Á conferencia estivo a cargo de Ana Rúa, Directora Xeral de Comercio. O selo Calidade Comercio Galego é unha marca que pretende fomentar un valor engadido e diferencial do noso pequeño comercio tradicional.
Requisitos para a obtención do Selo de Calidade do Comercio Galego:
1) Cumplir o establecido na norma UNE 175001, mediante a obtención do correspondiente certificado emitido por unha certificadora acreditada pola ENAC.
2) Cumprimento de 8 dos 9 requisitos que exixe a Dirección Xeral de Comercio e cuxa verificación está encomendada á Fundación pola Calidade da Consellería de Innovación e Industria. Tales requisitos fan referencia a condicións transversais de responsabilidade social corporativa do noso comercio, sobre as que existe un amplo consenso social da necesidade do seu cumprimento. En resume son os seguintes:
O Coñecemento da normativa vixente en materia de comercio (Mediante cursos).
A ausencia de sancións nos últimos 3 anos.
A utilización da lengua galega na sinalética e páxina web.
A adhesión ao sistema arbitral de consumo.
A pertenza a unha asociación de comerciantes.
A procura da conciliación da vida laboral e familiar dos traballadores.
A existencia de programas e prevención de riscos laborais.
A supresión de barreiras arquitectónicas nos locais.
E as medidas de aforro energético.
As empresas que consigan o selo recibirán un “kit” consistente nunha seria de pegatinas co selo, unha carpeta coa documentación, unha escultura co logo de Calidade do Comercio Galego, un diploma acreditativo e bolsas co logo.
Redactado por Satoko el
Miércoles 13 de Febrero de 2008