Información municipal sobre a TDT e o Arquivo Dixital de Imaxes
Lunes 24 de Marzo de 2008
O pasado xoves, 13 de marzo, o Alcalde e o Concelleiro de Novas Tecnoloxías Antonio Lomba entrevistáronse en Santiago co Director Xeral de Medios Audiovisuais. Os motivos fundamentais da reunión eran dous: coñecer o calendario de implantación da TDT no que toca ó noso concello e por outra banda presentarlle o proxecto de Arquivo Dixital de Imaxes.
No que toca ó primeiro dos asuntos, o da implantación da TDT, o compromiso que adquiriu o Director Xeral foi o de trasladarnos no menor prazo de tempo posible o calendario de implantación nesta zona. Dixo estar en condicións de poder anuncialo antes de dous meses.
En canto ó segundo dos asuntos, o Arquivo Dixital de Imaxes, o Concelleiro de Novas Tecnoloxías explicoulle en que consiste o proxecto redactado polo concello. Por parte do Director Xeral apuntóusenos que estudiaría con interese o proxecto, que lle pareceu moi novedoso, quedando comprometido asi mesmo a indicarnos posibles vías para levalo adiante.
Ademais dos temas mencionados tamén solicitaron asesoramento á Dirección Xeral sobre a Radio Municipal, dada a intención do goberno municipal de reactivar a radio para convertela nunha verdadeira radio local.
Redactado por Satoko el
Lunes 24 de Marzo de 2008