Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

'ábaco' organiza unha Xornada informativa do Selo de Calidade do Comercio Galego

Lunes 24 de Marzo de 2008

A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios “ábaco” organiza o martes 25 de marzo na sua sede social coa colaboración do Foro Galego do Comercio unha Xornada Informativa sobre os sinxelos requisitos que deben cumplir os establecementos comerciais que desexen obter O Selo de Calidade do Comercio Galego.

A CALIDADE, na súa aplicación nos diferentes contextos dos sectores económicos, é un dos elementos básicos nos que se debe fundamentar unha extratexia empresarial de competitividade. Podemos facer referencia á implantación de sistemas de calidade na industria, ou podemos referirnos aos produtos galegos de calidade certificados, ou tamén da procura da calidade dos produtos galegos. Sexa cal sexa o ámbito no que nos atopemos á implantación da calidade, busca o cumprimento duns estándares que fagan competitivas ás nosas empresas.

Neste contexto a Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, decidíu traballar pola promoción da calidade e a excelencia no comercio galego mediante a creación dun distintivo propio: CALIDADE DO COMERCIO GALEGO

O Foro Galego do Comercio xunto coas asociacións e centros comerciais abertos que o integran organizan un ciclo de Xornadas Informativas sobre os sinxelos requisitos que deben cumplir os establecementos comerciais que desexen obter O Selo de Calidade do Comercio Galego.

O obxectivo é que o comercio mellore, se modernice e se adapte á nova realidade sociolóxica, potenciando as súas características de trato persoal, proximidade e confianza como elementos de competitividade. 

Trátase de crear unha imaxe que unifique e identifique colectivamente ao noso comercio, en base a parámetros de calidade, dotandoo de valor diferencial.

O cumprimento dos requisitos establecidos para a obtención do Selo de Calidade do Comercio Galego implicará, para aqueles establecementos comerciais que o acaden, dúas vantaxes significativas:

o AFIANZAMENTO DOS CLIENTES: O esixente consumidor/a de hoxe en día valora a proximidade, a imaxe atractiva dos establecementos, o asesoramento, o trato personalizado e cercano, a capacidade de resposta dun profesional que coñece os artigos que vende. A consecución do Selo é unha garantía de cumprimento destes parámetros.

o VALOR DIFERENCIAL dos establecementos comerciais que consigan e adopten o Selo respecto de aqueles que non o adopten. Xa que logo, estamos a falar dun valor engadido que reporta maior competitividade.

Redactado por ábaco el Lunes 24 de Marzo de 2008
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.