Actividades da OMIX esta primavera
Lunes 14 de Abril de 2008
A Oficina municipal de Información Xuvenil do Concello da Guarda recorda a tódalas persoas interesadas en participar en accións formativas e lúdicas que está aberta a inscrición nos seguintes obradoiros:
Obradoiro de INTRODUCCIÓN Ó TEATRO E A DRAMATIZACIÓN, que se desenvolverá os días 18 e 19 de abril no Centro cultural
Rafting, o día 26 de abril con saída as 10 da mañá
Obradoiro de ORIENTACIÓN E SUPERVIVENCIA, tódolos sábados pola mañá dende o 3 ao 24 de maio. Remate cunha velada nocturna.
Para máis información e/ou inscrición pasar ou chamar pola OMIX do Concello da Guarda
Redactado por Redacción el
Lunes 14 de Abril de 2008