Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Concurso de cartéis da XVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

Viernes 18 de Abril de 2008

O Concello da Guarda, no seu desexo de promocionar e potencia-la Festa da Langosta, convoca o concurso “CARTEL ANUNCIADOR DA XVIII FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA

BASES

1.- Poderán participar neste certame tódalas persoas que o desexen sen límite de idade co número de traballos que estimen oportuno, orixinais, inéditos e non premiados en ningún concurso anterior.

2.- Establécese un premio individual de 500 euros para o cartel gañador. O premio estará suxeito á normativa fiscal que proceda.

3.- Para optar ó premio, os traballos presentaranse en papel de 47 por 64 cms, suficientemente protexidos e montados sobre soporte ríxido (por exemplo cartón pluma) que permita a súa perfecta exposición.

4.-As obras conterán como texto XVIII Festa da Langosta e da Cociña mariñeira e terán en conta a temática da festa e as súas carácterísticas. Os carteis terán que ser presentados sen sinatura e baixo un lema que estará escrito no dorso do cartel, acompañado dun sobre pechado que porá no seu exterior o mesmo lema e no seu interior a identificación, enderezo, teléfono e NIF do autor/a. Deberá incluír os escudos do Concello, Deputación de Pontevedra e logos do Patronato Rías Baixas e Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, podendo o Concello solicitar do autor o cambio de situación destes elementos se o considera oportuno.

5.- Os traballos entregaranse no Rexistro do CONCELLO DA GUARDA, Praza do Reló s/n 36780 A Guarda (Pontevedra) , coa indicación : “Concurso do Cartel Anunciador da XVII Festa da Langosta e da Cociña mariñeira. O Concello de A Guarda non responderá dos posibles danos ou estragos que poidan sufrir-los carteis como consecuencia do seu transporte, manipulación, montaxe e desmontaxe, en caso de realizarse algunha exposición destes.

6.- O prazo de admisión de carteis pecharase o día 15 de maio ás 15 horas. No caso de envíos por correo ou empresas de mensaxería non se admitirán entregas a partir das 14 horas do 15 de maio.

7.- O xurado, que estará composto por cinco membros desgnados ao efecto e que contará necesariamente cun membro do Goberno Municipal, procederá á selección do gañador/a. A decisión do xurado será inapelable e farase pública o 23 de maio de 2008. O xurado se así o estimase poderá declarar deserto o premio.

8.- O Concello da Guarda poderá difundi-lo traballo premiado do xeito que considere oportuno e disporá de tódolos dereitos sobre o mesmo. Reservándose a facultade de facer unha exposición nunha dependencia municipal durante 15 días.

9.- O Concello da Guarda, devolverá os orixinais non premiados que sexan reclamados e recollidos polos seus autores, dentro do mes seguinte ó da decisión do xurado ou exposición si se fixese, sen recoñecer dereitos de reclamación ou indemnización de ningunha clase. .

10.- A presentación a este concurso supón a aceptación plena das presentes bases.

  • Nota: a fin de evitar erros de anteriores convocatorias prégase ós concursantes teñan en conta as características propias da langosta para non confundila con outro crustáceo.
Redactado por Fernando Coello el Viernes 18 de Abril de 2008
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.