O centro San Xerome presenta a segunda poxa de arte benéfica
Viernes 18 de Abril de 2008
O vindeiro venres 9 de maio na Quinta do Ramo (Forcadela - Tomiño) terá lugar unha cea subasta a beneficio do centro San Xerome Emiliani da Guarda
con obras de autores galegos como Leiro, Acisclo Manzano, Xosé Luis de Dios, Buciños, Puri del Palacio ou Antonio Heredero.
Durante o evento actuarán Serxio Pazos e o cantante Alberto Cunha
O prezo da entrada invitación é de 30 euros, e poderanse conseguir a partires do 23 de abril na Galería Andrés Amor (r/ Velazquez Moreno 7,Vigo), na tenda
Aldraba de Tui (r/ Compostela, 14) e no propio centro S. Xerome (r/ Galicia 23 A Guarda.)
Está prevista a asistencia do Vicepresidente da Xunta de Galicia D. Anxo Quintana.
Máis información: 676 966 223 (Feliciano Valcárcel)
Redactado por Ioshu el
Viernes 18 de Abril de 2008