Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Ciclo "Letras de Cine"

Viernes 18 de Abril de 2008

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda, que depende da Concellería de Cultura dirixida por Antonio Lomba Baz organiza o ciclo “Letras de Cine” co gallo da celebración do Día Internacional do Libro e o Día das Letras Galegas.

Se proxectarán catro películas de recoñecido prestixio: 11 de abril: Trece badaladas, dirixida por Xavier Villaverde. Baseada na novela homónima de Suso de Toro.

25 de abril: Sempre Xonxa, dirixida por Chano Piñeiro. Baseada nos relatos das historias da emigración que oíra relatar no seu pobo natal, Forcarei, e nas aldeas de Rubillón e Baíste.

9 de maio: O lapis do carpinteiro, dirixida por Antón Reixa. Baseada na novela homónima de Manuel Rivas.

23 de maio: A lingua das bolboretas, dirixida por José Luís Cuerda. Baseada nos contos “A lingua das bolboretas”, “Carmiña” e “Un saxo na néboa”, contados no libro ¿Que me queres, amor? de Manuel Rivas.

O obxectivo deste ciclo é promocionar o cine e a lectura en galego. As catro películas estarán a disposición de todas as persoas que o desexen na Biblioteca Pública Municipal da Guarda despois da súa proxección.

Redactado por Ioshu el Viernes 18 de Abril de 2008
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.