| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
Ábaco adianta a aparición da súa guía comercialLunes 19 de Mayo de 2008
Dentro dos obxectivos de ábaco está impulsar A Guarda como un destino turístico de calidade, ademais de dinamizar e publicitar o pequeno comercio local, para o que vén realizando diversas campañas. Como parte da campaña denominada “A pé de rúa”, ‘ábaco’ edita, un rueiro comercial, actualizando datos locais, entre os que está: Un listado de socios de ‘ábaco’ organizados segundo a súa actividade comercial, teléfonos de interese de servizos locais como Oficina de Turismo, Policía Local, Protección Civil, Centro de Saúde, sen esquecer o da nosa sede, e zonas de interese a visitar para descubrir o encanto da Guarda, organizadas a través de rutas: Ruta 1: Porto 1.- Lonxa de peixe 2.- Artes de pesca 3.- Monumento ao mariñeiro 4.- Antigo barrio pesqueiro Praza do Reló 5.- Concello 6.- Torre do reló 7.- Antiga casa dos Alonsos Igrexa parroquial 8.- Igrexa parroquial (S.XII) Centro urbano 9.- As de Copas 10.- Alameda 11.- Centro Cultural Castelo de Santa Cruz 12.- Castelo de Santa Cruz (S.XVII) Ruta 2: Monte Santa Trega 13.- Rutas de senderismo 14.- Poboado Galaico-Romano 15.- Petroglifos 16.- Viacrucis 17.- Ermida de Santa Trega 18.- Miradoiros ao Estuario do Miño Outras rutas: A Guarda-Oia-Baiona
A Guarda-O Rosal
A Guarda-Tui-Valença
Este plano de empresas e servizos é unha iniciativa que intenta reforzar o coñecemento e valoración da oferta comercial e de servizos do tecido empresarial e comercial de A Guarda. O plano e as rutas foron deseñados pola empresa guardesa Índice Comunicación. Conta co patrocinio e a colaboración da Dirección Xeral de Comercio e Caixanova. Editáronse un total de 20.000 exemplares que se distribuírán entre todas as empresas asociadas. Pódense solicitar ademais, na sede da Asociación ‘ábaco’, na rúa Manuel Lomba 7 da Guarda. Podes descargar unha imaxe reducida do rueiro facendo ‘clic’ aquí. Redactado por ábaco el Lunes 19 de Mayo de 2008Comentarios
Comentar este artículo
|