| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
Nota do Concello da Guarda sobre o MercadilloViernes 23 de Mayo de 2008Na tarde de onte reuníronse, no Concello da Guarda, unha delegación do goberno municipal presidida polo Alcalde cunha representación de sete membros dos vendedores do mercadillo da Alameda, a instancias destes últimos. En dita reunión os representantes dos vendedores adquiriron o compromiso firme de cumplir as normas de ornato e hixiene e garantir que a Alameda e as rúas dos arredores quedarán en perfecto estado os días de mercadillo. Á vista do compromiso anterior os responsables do Concello acordaron anular a suspensión cautelar que pesaba sobre o mercadillo, polo que mañá sábado se celebrará o mercadillo habitual. Ambas partes mostran a súa satisfacción por ter chegado a este acordo por todo o que o mercadillo representa de beneficio para o pobo da Guarda e dos arredores e tamén para os propios vendedores que non verán perxudicada así a súa actividade. Acordouse asimismo continuar facendo reunións periódicas para estudiar e adoptar medidas sobre outros asuntos relativos ó mercadillo coa intención de melloralo.
Redactado por Redacción el
Viernes 23 de Mayo de 2008
Comentarios
Agora que suspendan os bares e discotecas que pechan fora do horario, porque a contaminación acústica tamén está aí e tamén podería entenderse como "intolerable" ¿non? Enviado por: caligari el Viernes 23 de Mayo de 2008 a las 16:13Comentar este artículo
|