Manifiesto con motivo do Día das Letras Galegas
Viernes 16 de Mayo de 2008
Mañá 17 de maio, 145 anos despois do inicio do Rexurdimento, Galicia volve a celebrar unha vez máis o Día das Letras Galegas. Unha xornada na que todos os galegos rendimos homenaxe á nosa cultura e á nosa lingua adicando este día a un persoaxe destacado pola sua creación literaria en galego ou pola defensa da nosa lingua.
Este ano a RAG quiso rendirlle homenaxe a un poeta tudense que pertenceu á Xeración do 36, a Xosé María Álvarez Blázquez, como antes ó fixera a figuras tan relevantes coma Rosalía de Castro na súa primeira edición e tamén a Castelao, Ramón Cabanillas, Pondal, Otero Pedrayo… e na última edición a María Mariño.
Dende Novas Xeracións queremos sumarnos ó recoñocemento á sua laboura en prol da defensa do galego e da nosa cultura. Sendo maestro en Vigo ou en Zamora, Xosé María non abandonou nunca o seu amor pola nosa lingua e quixo que os máis cativos do momento coñeceran a beleza e a riqueza do galego.
No noso papel como organización xuvenil, NN.XX nunca renunciará a defender o galego polos catro costados na nosa provincia. Continuaremos a fomentar o noso idioma entre os nenos, os xóvenes e tamén ós non tan xóvenes para que a nosa lingua nunca se perda e o seu uso estea cada día máis extendido entre todos.
Por último, felicitar a todos os galegos e galegas en tan importante data e animar a toda a sociedade a promocionar o galego. Lendo, falando e escribindo en galego.
Redactado por Redacción el
Viernes 16 de Mayo de 2008