Nota do Alcalde sobre o Mercadillo
Lunes 26 de Mayo de 2008
Quero mostrar en nome do goberno municipal e do de toda a cidadanía a enorme satisfacción que producíu o feito de que o mercadillo da Alameda do pasado sábado se levase a cabo con total normalidade e que o aspecto do recinto e das rúas próximas, cando se levantaron os postos de venta, fose óptimo en canto a limpeza e ornato.
Agradezo que o compromiso adquirido polos representantes dos vendedores na reunión que mantivemos o pasado xoves se cumplise na súa totalidade. Que a Alameda presentase o estado dun día normal significa que, cun mínimo esforzo por parte de todos de depositar plásticos e papeis nos contenedores, non é nada difícil conseguir a limpeza e ornato que desexamos.
Pídolle a tódolos vendedores que o esforzo do sábado teña continuidade para sempre. Tamén é bo para eles que o recinto se atope limpo, que sexa atractivo. Por outro lado, a preocupación que tiñan veciños e veciñas de que non houbese mercadillo non só non se producíu, senón que tivo a consecuencia positiva antes descrita.
Esta semana producirase unha nova reunión na que se seguiran abordando outros aspectos do mercadillo para seguir mellorando o servizo que este presta á cidadanía.
A Guarda, 26 de maio de 2008
O Alcalde,
José Manuel Domínguez Freitas
Redactado por Satoko el
Lunes 26 de Mayo de 2008