Nota de prensa do Concello sobre a Bandeira Azul
Jueves 29 de Mayo de 2008
No día de onte (28 de maio) saiu publicada a relación de municipios ós que a Adeac lles concedeu Bandeira Azul. O noso concello, que fixera unha solicitude en relación coa praia do Muíño, non figura nesa relación.
A concellalía de Turismo quere salientar todos os esforzos feitos (en colaboración con outras concellalías) durante este ano para tratar de acadar o galardón. Esforzos que abarcaron tanto a mellora en materia de seguridade ( mellorando o balizamento ou o acceso peonil á praia), mellora na sinalización indicativa da localización da praia ou o esforzo na limpeza e na recollida selectiva do lixo. Temos que destacar a calidade da auga da praia do Muíño e manifestar que se seguirán facendo esforzos, sobre todo nas campañas de información ambiental, para tratar de conquerir para o ano próximo o galardón Bandeira Azul para a praia do Muíño.
Redactado por Satoko el
Jueves 29 de Mayo de 2008