Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Mociones del Partido Popular de A Guarda

Jueves 5 de Junio de 2008

A continuación se relacionan tres de las 4 mociones que presenta el Partido Popular de A Guarda en el pleno que se celebra mañana en este Concello.

1- anteproxecto de Lei Integral en materia de drogodependencias e outros trastornos aditivos en Galicia

O pasado 14 de marzo de 2008, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia publica un anteproxecto de Lei Integral en materia de drogodependencias e outros trastornos aditivos en Galicia. Neste anteproxecto se identifica ao viño como un producto que xera trastornos aditivos no marco dun texto que trata de lexislar sobre materias estupefacientes. Na exposición de motivos establécese como obxectivo da mesma a regulación das medidas orientadas ás drogodependencias así como as orientadas aos trastornos aditivos e establece limitacións á publicidade e producción do viño quedando prohibido o uso de declaración de propiedades saudables.

A Lei 24/2003 de 10 de xullo da Viña e o Viño define ao viño como alimento natural obtido exclusivamente por fermentación total ou parcial de uva fresca.

A Lei de Promoción e Defensa da Calidade Alimentaria Galega do 18 de febreiro de 2005 considera o viño en termos alimentarios.

Considerando pois o viño como un alimento funcional que consumido moderadamente ten uns efectos beneficiosos para a saúde previndo, diminuíndo ou retrasando determinados procesos patolóxicos tal como o recoñecen varios estudios científicos e, en ningún caso unha sustancia patolóxica ou tóxica.

Este Grupo Municipal considera preocupante este anteproxecto pois “demoniza” ao viño ao asemellalo con outras bebidas alcohólicas de alta graduación ignorando os beneficios que ocasiona a inxestión responsable e moderada destas bebidas tan arraigadas na nosa cultura e o grave prexuízo económico que vai supoñer aos productores que dende tempos inmemoriais veñen cultivando e producindo os seus caldos na Comarca do Baixo Miño (subzona do Rosal) pertencente a Denominación de Orixen Rías Baixas.

Comarcas asentadas en sendos vales, onde a penetración natural dos ventos atlánticos dan a estas zonas un suave e privilexiado microclima oceánico que favorece o cultivo dos mellores brancos de España; comparable, senón superior, as máis afamadas viñas do Rin ou de Alsacia. Hoxe, as novas plantacións dos viticultores de O Condado e O Rosal dan uns viños que pola súa calidade e prezo compiten con viños franceses, italianos ou portugueses creando un importante valor engadido dentro do sistema produtivo das devanditas comarcas.

Por todo isto, este Grupo Municipal do Partido Popular SOLICITA a este Pleno o seguinte acordo:

“Dirixirse o Presidente da Xunta e a Consellería de Sanidade e instarlles a que eliminen deste anteproxecto de lei calquera referencia ao viño, e promulgar unha nova lei específica do viño despois de escoitar ao sector e recoñecer as súas peculiaridades”.

2- MOCION SOBRE AS NORMAS DO HABITAT GALEGO

Xustificación da urxencia O pasado día 17 de abril entraron en vigor as Normas do Hábitat Galego, aprobadas por Decreto da Xunta de Galicia o 17 de xaneiro. Todos os sectores implicados están manifestando a súa oposición e adiantando os efectos negativos da mesma. Co obxectivo de evitalos o Grupo Municipal Popular presenta esta iniciativa para o seu debate no Pleno deste Concello Exposición de Motivos As Normas do Hábitat Galego que ven de aprobar o Consello da Xunta, a proposta da Consellería de Vivenda e Solo, pretenden marcar as calidades mínimas coas que se deben construír as novas vivendas. Estas normas substitúen o actual Decreto de Habitabilidade do ano 1992, e recollen todos os parámetros de cómo deben construírse as vivendas en Galicia, sexan protexidas ou de prezo libre. Estando de acordo co obxectivo global da mellora das condicións das vivendas, en canto supoñan a mellora das condicións de vida dos cidadáns; sen embargo, o Decreto de habitabilidade aprobado pola Xunta de Galicia, na súa actual redacción, presenta moitos aspectos que, aplicados na práctica, suporán evidentes perxuizos para os veciños.
Por suposto, o PP de A Guarda está a favor de todas aquelas medidas que supoñan un aumento da calidade da vivenda e do hábitat dos veciños, pero precisamente por iso, entende que este obxectivo se debe perseguir baseándose na obxectividade e no rigor e non mediante normas improvisadas que suscitan o rexeitamento xeral. A Constitución Española garantiza a autonomía dos municipios para a xestión dos seus respectivos intereses. Sen embargo, as normas do Hábitat galego aprobadas, supoñen unha inxerencia e un ataque a autonomía local, toda vez que, según teñen manifestado xa moitos técnicos independentes, poderían chegar a colisionar mesmo cos Plans de Ordenación Municipal. Trátase, en consecuencia, dunha norma claramente intervencionista. A día de hoxe, todos os sectores implicados manifestan a súa preocupación polos efectos negativos que se derivarían da súa inmediata entrada en vigor: invasión na autonomía municipal, encarecemento dos prezos das vivendas de ata un 30%, parálise dos planeamentos en redacción ( nomeadamente para os concellos que os estén a tramitar ), exceso de reglamentación, discrecionalidade da Consellería de Vivenda para eximir do cumprimento da norma, etc. Boa mostra da preocupación xerada por este Decreto é a saturación que, desde a publicación do mesmo, están sufrindo os servizos urbanísticos dos concellos galegos, recibindo un “aluvión” de solicitudes de licenzas de construcción antes da súa entrada en vigor. Trátase dunhas Normas, que como advirte o Consello Consultivo de Galicia nos dous ditames emitidos invaden competencias que non son propias da Consellería de Vivenda e Solo, ademáis de que pola súa imprecisión e ambigüidade xerarían inseguridade xurídica. Os informes elaborados polos axentes implicados son contrarios ao texto aprobado pola Xunta de Galicia, de aí a preocupación que neste Grupo Municipal recollemos de todos e cada un deles. A FEGAMP ven de recoñecer explícitamente que as normas en cuestión invaden as competencias da administración local. Considerando, que estamos inmersos nunha crise económica profunda que repercute en todos os sectores produtivos, o CONCELLO DE A GUARDA veríase claramente perxudicado pola aplicación deste decreto. Os primeiros perxudicados serían os propios veciños que sufrirían un aumento do prezo das vivendas e que logo abarcaría ao conxunto da actividade económica coa conseguinte paralización dos sectores económicos esenciais. Asimesmo, a aplicación do decreto afectaría negativamente na recaudación municipal e consecuentemente frearía a capacidade prestadora de servizos deste concello.

Por todo o anterior, o Pleno do Concello de A GUARDA insta a Xunta de Galicia a:

  1. Derogar o actual Decreto das Normas do Hábitat Galego co fin de elaborar outra norma que naza froito do consenso coas forzas politicas e sociais, as administracións locais, nomeadamente coa FEGAMP, e os sectores, empresariais e profesionais afectados, e que permita garantir unha mellor calidade de vida dos cidadáns e non dificulte o desenvolvemento urbano e urbanístico dos concellos galegos.

  2. Remitir este acordo ao Presidente de Xunta de Galicia, á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, á Fegamp e ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

3- MOCION SOBRE A TDT

No Real Decreto 944/2005, de 29 de xullo, polo que se aprobou o Plan Técnico Estatal da Televisión Dixital Terrestre, adiantouse o cese das emisións da televisión terrestre con tecnoloxía analóxica ao 3 de abril de 2010, de xeito que, a partires desa data, toda a televisión terrestre será con tecnoloxía dixital.

Nesta liña, o Plan Técnico Estatal da Televisión Dixital Terrestre, no seu artigo 6 recolle as diferentes fases de cobertura:

• 80% da poboación estatal antes do 31 de decembro de 2005. • 90% da poboación estatal antes do 31 de decembro do 2008. • 98% para os canais do Ente Público RTVE, e 95% para o resto das televisións privadas da población estatal antes do 3 de abril de 2010.

Sen embargo, estas porcentaxes en Galicia, a día de hoxe, non acadan de media o 45% en moitas cidades e vilas, debido en parte, a súa dispersión poboacional, a súa orografía, etc.

A maioría dos concellos galegos non poden asumir os gastos que trae consigo a instalación de Estacións de Rede de frecuencia única. En realidade, os concellos según o devandito Real Decreto non estan obrigadas á instalación destes aparellos.

Por todo o exposto , é polo que o Grupo municipal do Partido Popular SOLICITA a este Pleno que o concello de A GUARDA se dirixa a Secretaría Xeral de Comunicación para instar á inmediata instalación de equipos técnicos necesarios para a recepción da televisión dixital terrestre en todo o termo municipal nas mesmas condicións que outros concellos de Galicia que xa veñen disfrutando desta nova tecnoloxía.

LA OTRA MOCION QUE PRESENTA EL GRUPO MUNICIPAL DEL PARTIDO POPULAR DE A GUARDA, ES SOBRE EL DERRIBO DE LA CASA DE “A FIGUEIRA”, UNA OBRA QUE YA TENDRÍA QUE ESTAR EJECUTADA, YA QUE ES UNA OBRA QUE EL GOBIERNO DEL PARTIDO POPULAR DE A GUARDA HA DEJADO EXPROPIADA, Y PAGADA A SUS PROPIETARIOS.

ES NECESARIO LA EJECUCIÓN DEL DERRIBO PARA AMPLIAR LA VISIBILIDAD EN LA ZONA Y HACER UNAS MEJORAS EN EL ACCESO A LA CALLE PUBLICA. POR OTRO LADO EN ESTA MOCION EL GRUPO MUNICIPAL DEL PARTIDO POPULAR DE A GUARDA, LE MANIFIESTA AL GRUPO SOCIALISTA, QUE SE PUDEN CONTEMPLAR UNAS ZONAS DE OCIO Y LECER PARA LOS VECINOS.

Redactado por Satoko el Jueves 5 de Junio de 2008
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.