Deporte na Rúa este fin de semana
Jueves 5 de Junio de 2008
O concello da Guarda participará o vindeiro domingo 8 de xuño -entre as 10.00 h. e as 14.00 h.- no proxecto deporte na rúa que promove a Xunta para os concellos galegos que consideraron oportuno no seu momento adherirse á iniciativa.
No noso concello temos programadas todo tipo de actividades deportivas:
fútbol, natación, ciclismo, hóquei, patinaxe, balonmán, minibasquet, xogos populares, atletismo, sendeirsmo, judo, ioga, xadrez, tenis.. que se desenvolverán en diferentes espazos abertos: na Alameda, no Codesal, no Paseo Marítmimo, na Praza de San Bento, no Estadio Municipal e no Centro Cultural.
A xornada de deporte na rúa diríxese a todos os públicos, non só ós máis pequenos, e non ten carácter competitivo senón que se pretende que os participantes coñezan todo tipo de deportes e participen nos que sexan do seu interese evitando que unicamente se dediquen durante toda a xornada á mesma
actividade. A tal fin pretendemos que vaian rotando por aquelas que mellor se adapten ós intereses de cada un polo que xuntamos o calendario no que se detallan actividades, horarios e lugar de celebración.
Unha vez que o coñezan serán eles mesmos ou, de seren menores, en complicidade cos pais, nais ou acompañantes, quen definan o circuito que mellor se axuste ós seus desexos.
En cada actividade estarán presentes os colaboradores necesarios que velarán para que se desenvolva coa maior corrección e para atender calquera continxencia que puidese xurdir e que repartirán entre os participantes camisetas, gorros e bebidas refrescantes.
Redactado por Satoko el
Jueves 5 de Junio de 2008