Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

XIII Festa do Roscón de Xema e I Mostra do Comercio Industria e Gastronomía A Guarda 08

Martes 10 de Junio de 2008

Grande parte de toda a lista de eventos periódicos que se celebran en toda Galicia, son festas gastronómicas, nas que os visitantes, turistas e peregrinos poden entrar en contacto coa gastronomía galega, cos propios galegos, o seu idioma, o seu folclore e os seus costumes. Todo, enmarcado nun ambiente alegre e festivo. Por este motivo, non podía estar ausente do calendario de Festas de Galicia, o Roscón de Xema Guardés. Dende a súa orixe, esta especialidade foise introducindo dun modo progresivo na gastronomía de A Guarda.

Nestes momentos, é a sobremesa típica por excelencia da zona e dende hai uns anos, a explosión do seu consumo, foi enorme, dende o Baixo Miño cara a multitude de puntos distantes.

Este grande auxe que o producto deu nos últimos tempos, foi o que propiciou no seu día a creación da Festa anual, que serve como exaltación do Roscón de Xema Guardés.

Festa que ano tras ano, tratamos de elevar o nivel, para dar deste xeito resposta a grande afluencia turística que a festa xera. Este ano decidiuse ademais acompañala de algo non visto na bisbarra, como é unha mostra multisectorial, é dicir unha mostra onde se poida apreciar a calidade dos produtos que se poden comprar no comercio local, a industria que temos e a variedade e calidade da gastronomía que nos caracteriza e comprace.

HISTORIA DA FESTA DO ROSCÓN DE XEMA:

A primeira edición da festa, celebrouse no ano 1992, dun modo precario, nunhas modestas roulotte serviron de mostrador, dende as que se serviron unhas 1.000 porcións de Roscón acompañadas cun chupito de moscatel. De ahí en adiante, ano tras ano, cada edición da festa foi adquirindo maior envergadura, con premios, sorteos de roscas cada cinco minutos, concursos de roscas caseiras, etc., e incrementando o número de porcións degustadas, ata chegar a 5.000 no ano 2001. No ano 2002, ábrese un período de catro anos nos que por diversos motivos, se deixa de celebrar a festa.

No ano 2006, a poucos meses de fundada a Asociación do Baixo miño de Comerciantes e Empresarios ábaco, involucrámonos na tarefa de relanzar a festa, acontecemento que se botaba de menos no calendario de festas gastronómicas da bisbarra.

Deste modo lévase a cabo o XI Festa do Roscón de Xema Guardés, dependendo nesta oportunidade da carpa da Comisión de Festas da Virxe do Carmen. Deste modo e cun grande esforzo, tanto de ábaco coma dos confiteros participantes, a festa pon fin a catro anos de seca de Roscón de Xema. A acollida foi moi boa, e degustáronse case 2000 porcións de rosca, co cal as expectativas desta reedición quedaron amplamente cumpridas. No ano 2007, ábaco segue impulsando a celebración da XII Festa do Roscón de Xema Guardés, pero esta vez compartindo responsabilidade na carpa con ORPAGU e a Festa do peixe espada.

Esta edición que estivo amenizada polo grupo de música Folk “Deixandar” pola mañá e tarde, contou ademais con hichables e globos para os máis pequenos. Repartiuse no stand de ábaco publicidade dos diversos comercios de A Guarda, co fin de facer promoción do comercio local.

Observouse unha boa actitude na afluencia do público, e houbo que agregar porcións de rosca xa que as porcións previstas non alcanzaron. En total degustáronse 2150 porcións da tan prezada sobremesa guardesa. Todo isto non fose factible se ademais non contásemos coa inapreciable colaboración da Consellería de Industria e Comercio, ademais da entrañable presenza da conselleira Doña Monserrat Prado Cores, quen premiou o noso labor coa súa presenza e pregón.

OBXECTIVOS:

  • Dinamizar o sector turístico e comercial.
  • Realizar eventos de interese cultural e gastronómico.
  • Valorizar as tradicións gastronómicas e culturais con importancia turística, cara á dinamización e crecemento económico da bisbarra.
  • Revalorizar a gastronomía tradicional, como un dos piares que identifican un pobo.
  • Invitar ao público en xeral a visitar, coñecer, pasear, comprar e vivenciar A Guarda como destino turístico de desfrute integral.
  • Demostrar que as actuacións de promoción do comercio baseadas na cooperación, o asociacionismo positivo e a conxunción de esforzos, dan resultados.
  • Potenciar o fluxo de compradores mediante actividades de impacto.
  • Facer promoción dá cidade como punto de compras e turismo de calidade.

CARACTERÍSTICAS DA ACTIVIDADE:

En canto á Festa da Rosca, será a primeira vez que a realicemos sen a presenza doutra actividade conxunta e de traxectoria na zona, pero confiamos na especial mestura do comercio, a industria e a gastronomía para que resulte deste conxunto de oferta turístico-comercial, un atractivo interesante cara ao reclamo de público para o evento.

Intentamos ofrecer deste modo, aos comerciantes locais, unha axuda na promoción dos seus comercios con este empuxón de vitalidade, e aos turistas e público en xeral, un fin de semana de actividades recreativas, lúdicas, apetitosas, e de revalorización dos produtos de A Guarda. Sabemos que xuntos, ademais de produtos e servizos, vendemos imaxe, cultura propia e estilo de vida.

Logo dá información recollida dos nosos comerciantes, na que máis do 85% destes consideran que se trata dunha acción moi positiva para eles, decidimos poñer en marcha esta actividade, inédita na zona. Distribuiranse na carpa montada para o evento, os stands dos distintos comercios e industrias locais, que exporán e venderán os seus produtos. Nesta, preténdese que estean representados os diferentes sectores dá actividade comercial: moda, complementos, decoración, fotografía, lenzaría, regalos, seguros, inmobiliarias, etc., con stands, onde ofrézanse produtos de calidade.

Ademais o sector de gastronomía tamén estará representado polos diferentes restaurantes, panadarías e confeitarías participantes. Entre a Hostalaría realizarase unha “mini-ruta da tapa” cos restaurantes presentes no evento, presentando cada un de eles tres tapas diferentes. Co fin de atraer o maior número de público posible, e coñecedores de que os nenos necesitan distraerse mentres que os adultos realizan as súas compras, se habilitará un espazo dentro da carpa con talleres para nenos, nos que se realizarán actividades para todas as idades a cargo de monitores especializados. Os mesmos terán unha duración de tres horas cada un, realizándose dous o día sábado e outros dous o domingo.

No seu exterior, disporanse hinchables nos cales os nenos terán a oportunidade de divertirse, sempre vixiados por monitores. A carpa contará ademais con vixilancia, ofrecendo deste modo garantías de seguridade a todos os expositores.

Desenvolverase tamén unha campaña publicitaria intensa, promovendo esta I Mostra de Comercio, Industria e Gastronomía, unha actividade diferente e inédita na zona, ademais de xa recoñecida Festa do Roscón de Xema que vai pola súa XIII Edición. O pregón da Festa estará a cargo de D. Guillermo Campos Piñon, recoñecido xornalista do mundo de Gastronomía.

Logo deste e de inaugurada a mostra, realizarase o I Concurso de Rosca Caseira, outorgando premios e mencións a todos os participantes. Coas compras, entregaranse billetes numerados cos que se participará de sorteos.

INTERESE DO PROGRAMA:

O principal interese consiste en dar continuidade á xa tradicional Festa do Roscón de Xema, que este ano realizará a súa XIII Edición, formando deste modo, parte moi importante da tradición gastronómica da bisbarra, como do seu patrimonio cultural.

A gastronomía é sen dúbida unha dos sinais que mellor definen a identidade cultural dun pobo, e a nosa terra ten nela un piar esencial da súa cultura, non soamente porque aos galegos lles guste comer ben, senón tamén porque a arte culinaria é aquí particularmente rica.

En canto á mostra, consideramos que é unha iniciativa innovadora na rexión e con características particulares que a definirán e identificarán entre outras. Por outra banda, ao non ser unha feira de oportunidades, senón unha Mostra do noso Comercio e Industria, estamos a expoñer ao público en xeral as características e beneficios de comprar nos comercios e industrias locais.

BENEFICIARIOS:

En primeiro lugar serán beneficiarios todos cantos poidan saborear o roscón de Xema de A Guarda, manxar como poucos. Despois, todo o comercio e industria local que terán nesta mostra un escaparate dos seus produtos, co cal verán dinamizadas as súas expectativas de difusión e comercialización.

Será tamén beneficiado por esta actividade, todo o pobo en xeral que divulgará as súas características turísticas de calidade, participando activamente de algo tipicamente NOSO, que deixe ver como somos en realidade, que nos gusta, e que somos capaces de crear e difundir.

PROGRAMA

Venres 13 de Xuño: 10:30 H. Presentación Oficial en el Centro Cultural de A Guarda.

Sábado 28 de Xuño: 12:30 Inauguración Festa e Mostra con pregón a cargo de Guillermo Campos Piñón.

Dias de celebración: sábado 28 e domingo 29 de Xuño.

Esta primeira edición da Mostra do Comercio, Industria e Gastronomia A Guarda 08, contará con un total de 36 expositores, nos que os diferentes establecementos do Baixo Miño presentarán os seus productos e os de gastronomía participarán nunca mini ruta da Tapa, presentando cada un deles 3 tapas.

Redactado por ábaco el Martes 10 de Junio de 2008
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.