Memorial de Camposancos o venres 20 de xuño
Martes 17 de Junio de 2008
Este venres día 20 de xuño proxectarase no S. Actos do C. Cultural de A Guarda o documental “Memorial de Camposancos” ás 22:00h. Director: José Ballesta de Diego e Miguel Anxo Fernandez Yánez. Duración: 90 min.
Sipnosis:
Na localidade galega da Guarda, está Camposancos. E alí aínda pode verse o vello edificio do colexio dos xesuítas. Na memoria máis recente do noso país a palabra Camposancos, porén, representa a dor e traxedia xa que, durante a guerra civil, as autoridades fanquistas instalaron no colexio o campo de concentración máis importante de Galicia, centro de todo o entramado concentracionario implantado no territorio. O documental quere reconstruír a historia do campo de Camposancos; render homenaxe aos seus presos, mediante o testemuño dalgúns que sobreviven e dos familiares dos que morreron; a traves da memoria dos veciños e veciñas da Guarda que paliaron as terribles condicións de amoreamento, enfermidade ou maltrato que sufrían os seus compatriotas, leais ao goberno republicano, no interior daquel campo. Un documental no que se rebela un aspecto negro da historia de Galicia: os campos de concentración.
En caso de ter algunha dúbida pódese chamar ao tlf: 986 61 45 46
Redactado por Fernando Coello el
Martes 17 de Junio de 2008