XXI Certame de poesía "Feliciano Rolán"
Lunes 23 de Junio de 2008
A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA convoca o XXII CERTAME DE POESÍA “FELICIANO ROLÁN” con arranxo ás seguintes bases:
Poderán presentarse poetas de calquera nacionalidade, sempre que os traballos que concursen veñan escritos en galego ou castelán.
Os traballos serán orixinais e inéditos e comprenderán poemas non premiados noutros concursos. O tema será libre, igualmente a forma.
Cada concursante remitirá un máximo de dous poemas que non deberán ter menos de 30 versos nin excederán dos 100 en cada poema.
Os traballos presentaranse mecanografados a dous espazos e por unha soa cara, en folio e por quintuplicado. En plica pechada se farán constar os datos do autor así como o enderezo e número de teléfono. Os orixinais se remitirán ó seguinte enderezo:
Apdo. de Correos, 3 - 36780 A GUARDA (Pontevedra)
Xulgará o presente premio un xurado constituído por membros da Agrupación Cultural Guardesa e persoas relacionadas co mundo das letras. A súa composición darase a coñecer ó emitirse o fallo.
O fallo do xurado darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación, e comunicaráselle directamente ós gañadores.
O Premio “Feliciano Rolán” de Poesía estará dotado con:
PRIMEIRO PREMIO: 360 Euros e Placa
SEGUNDO PREMIO: 120 Euros e Placa
TERCEIRO PREMIO: 60 Euros e Placa
Os Premios serán entregados nun Acto Cultural Poético a celebrar na Guarda o xoves 7 de agosto ás 9,30 da noite no Centro Cultural da Guarda , coincidindo coas Festas do Monte Santa Trega. Non poden ser declarados desertos.
O prazo de admisión dos traballos pecharase o día 27 de xullo de 2008
Non se manterá correspondencia sobre o concurso, e os traballos non premiados e plicas serán destruídos rematando o fallo do Xurado.
Os traballos premiados quedarán en poder da Agrupación Cultural Guardesa, podendo esta publicalos cando o considere conveniente.
A participación neste concurso implica a aceptación das presentes bases, así como tamén a decisión do xurado para algún caso non previsto nas mesmas.
A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA AGRADECE A PRESENZA DAS PERSOAS GALARDOADAS NO ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS
Redactado por Satoko el
Lunes 23 de Junio de 2008