Obras de humanización da rúa Pacífico Rodríguez
Viernes 4 de Julio de 2008
Como aconteceu no seu momento coa rúa Transversal Troncoso, o actual equipo de goberno modificou o proxecto inicial producindo unha reforma significativa no deseño e nos materiais a empregar. Deste xeito as beirarrúas inicialmente de plaqueta hidráulica pasan a ser de granito con adoquin na calzada e irá dotada de todos os servicios, arbores e moderno mobiliario urbano
Esta modificación supuxo que dun orzamento inicial de 167.303.38€ se pasase ó actual de 192.670.88€. que será financiado entre o Concello e a Deputación Provincial.
O motivo de executar as obras durante o verán é non prexudicar a actividade do colexio PP.Somascos ubicado nesa rúa.
Nestes días o Concello vaise dirixir ós veciños afectados para comunicarlles o inicio das obras e pedirlle desculpas polas molestias que lles poidan orixinar.
Ver mapa máis grande
Redactado por Satoko el
Viernes 4 de Julio de 2008