Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Sinatura do convenio 'ábaco' - Caixanova

Viernes 4 de Julio de 2008

O Presidente da Asociación do Baixo Miño de Comerciantes y Empresarios – ‘ábaco’, José Ángel Gándara Rodríguez e o Director de Comarca do Baixo Miño de Caixanova, José Manuel Nogueira Durán, asinaron esta mañá a renovación do Convenio Financieiro que veñen mantendo dende o pasado maio de 2007.

Neste convenio contémplanse unha serie de condicións financieiras ventaxosas para as empresas asociadas como a Tarxeta Comercio e o Crédito telefónico Crediventa, modalidades que permiten o pago fraccionado en prazos de ata 12 meses sen intereses nin comisións para o comprador.

A sinatura deste novo convenio supón o compromiso común coa economía da Comarca contribuíndo no desenvolvemento e impulso daquelas iniciativas emprendidas por ‘ábaco’ e que teñan por obxecto a promoción das actividades dos seus asociados.

‘ábaco’ é unha organización que ten entre os seus obxectivos prioritarios a promoción da actividade do comercio e a pequena empresa, en xeral, no ámbito comarcal, dinamizando o tecido productivo do sector servizos.

Pola súa banda, Caixanova, como entidade líder en Galicia busca, dende os seus ámbitos financieiro e social, apoiar o desenvolvemento de Galicia e, neste sentido, realiza unha importante actividade económica e social que ten como obxectivo prioritario o apoio aos proxectos e iniciativas que impulsen o crecemento dos sectores productivos.

Redactado por Satoko el Viernes 4 de Julio de 2008
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.