Obradoiros de natureza organizados polo Concello
Viernes 22 de Agosto de 2008
A Concellería de Medio ambiente do Concello da Guarda dentro da programación de actividades para este verán 2008 organiza na Praia do Muíño uns Obradoiros de Natureza que terán lugar o mércores 27 e o domingo 31 de agosto a partir das 16 horas da tarde.
Os obradoiros terán lugar na propia praia do Muíño e van dirixidos a rapaces e rapazas de 4 a 16 anos. A primeira xornada terá como fundamento o medio fluvial mentres que a segunda fundamentarase no medio mariño. A través de actividades, xogos e talleres tentarase introducir aos nenos na importancia da calidade das augas, a importancia da biodiversidade e da súa conservación, a depuración das augas e o consumo responsable.
Nestes obradoiros ademais do contacto coa natureza aprenderán a través dunha metodoloxía activa unha serie de valores como o traballo en grupo e unha actitude positiva diante do noso medio natural
Estas xornadas representan unha aposta amena e pedagóxica pola educación para a sustentabilidade e o respecto polo noso medio natural e ademais enmárcanse nas actividades relacionadas con Bandeira Azul.
Redactado por Fernando Coello el
Viernes 22 de Agosto de 2008