Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Nota da Concellalía de Turismo

Miércoles 17 de Septiembre de 2008

A concellalía de Turismo da Guarda presentou no primeiro trimestre do 2008 o Plan director de Turismo da Guarda, co cal trataremos de conquerir que o actual sistema turístico guardés evolucione hacia un modelo máis axeitado para a Guarda.

Nesta primeira fase de preparación ( o Plan abarca o periodo 2008-2011) as accións consisten fundamentalmente na divulgación interna e externa do Plan. Como consecuencia esta concellalía presenta o seguinte informe correspondente os meses de xullo e agosto. A pesar das previsións e dos datos que se teñen publicado nos diferentes medios de prensa e radio sobre a ocupación hoteleira a nivel xeral, no concello da Guarda a ocupación hotelera mantívose nos niveis do ano pasado (rondando o 50% no mes de xullo e o 70% no mes de agosto), asimesmo o tránsito de vehículos que utilizaron o ferry a Guarda-Caminha foi nestes dous meses de máis de 50.000 persoas, o que supón un incremento do 4,9% respecto do ano pasado. As persoas que visitaron o Monte Santa Trega nestes dous meses cífrase en máis de 100.000 persoas. Respecto das Oficinas Municipais de Turismo temos que sinalar que a cifra dos que se acercaron ás mesmas para solicitar información sobre a localidade, o monte, a desembocadura ou outros lugares de interese alcanzou as 4.225 persoas. A atención nestas Oficinas Municipais de Turismo ampliouse respecto do ano pasado , producíndose un incremento considerable nas horas adicadas á atención ós visitantes. Dende a concellalía traballouse na potenciación dos recursos turísticos que poseemos ( que son moitos) e na difusión a través de numerosas publicacións de diversa índole: prensa, revistas especializadas,radio publicacións varias, co obxectivo claro chegar o público en xeral e tamén o público especializado.

Montserrat Magallanes Älvarez Concelleira de Turismo

Redactado por Fernando Coello el Miércoles 17 de Septiembre de 2008
Comentarios

LA VERDAD ES QUE ES MUY NECESARIO. NO SE PUEDE PENSAR QUE EN PLENO SIGLO XXI LOS TURISTAS SIGAN VINIENDO SOLO POR NUESTRO PATRIMONIO O LAS MARAVILLOSAS VISTAS... NO ESTAMOS EN LOS AÑOS 70. NECESITAMOS UN PLAN DE TURISMO MODERNO E INNOVADOR TAL Y COMO SE REALIZA EN OTROS PUEBLOS MUY SIMILARES COMO RIANXO O PORTONOVO QUE POR CIERTO NO TIENEN NADA QUE OFRECER COMPARADO CON EL NUESTRO. MUCHAS GRACIAS

Enviado por: PABLO BAZ el Viernes 26 de Septiembre de 2008 a las 10:33
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.