Orzamentos municipais
Miércoles 17 de Septiembre de 2008
Estando próximos o inicio dos traballos para a elaboración dos orzamentos municipais para o 2009, esta concellalía ten establecido as premisas básicas sobre as que se vai traballar para tratar de que os orzamentos do 2009 sexan uns orzamentos equilibrados, austeros e rigorosos.
Así, dende a concelalía de Facenda do concello da Guarda, vaise propor neses orzamentos a conxelación do soldo do alcalde e concelleiros con adicación exclusiva e parcial; así como a conxelación das partidas orzamentarias adicadas a dietas de cargos electos por asistencia a plenos, comisións de goberno e comisións informativas. Tamén vamos propor a conxelación das partidas orzamentaris correspondentes ao funcionamento dos grupos políticos municipais. Ademais vai manterse a mesma cantidade para gastos correntes de libre disposición excepto os vinculados a servicios de carácter social.
Noutra banda, e tal como xa acontecera no orzamento do 2008 non se vai producir ningunha suba nos impostos, taxas e prezos públicos, unicamente vanse adecuar ó IPC correspondente.
Por outra banda, e en liña co que estamos facendo xa neste orzamento do 2008( por exemplo cos novos paneis na piscina municipal), trataremos de potenciar o aforro enerxético, así como establecer a máxima austeridade nas diferentes partidas municipais sen merma de garantir a correcta prestación dos servicios públicos.
Montserrat Magallanes Älvarez
Concelleira de Facenda
Redactado por Fernando Coello el
Miércoles 17 de Septiembre de 2008