| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
Inauguración da I Ruta da Tapa da A GuardaSábado 18 de Octubre de 2008
Ao acto asistiron un centenar de invitados e estivo presidido por Ángel Gándara, presidente da Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios “ábaco” organizadora desta campaña de promoción gastronomita e turística, e contou coa asistencia do Alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, a Concelleira de Comercio e Turismo, Montserrat Magallanes, así como representantes de Caixanova, Adegas participantes nesta campaña e outras entidades colaboradoras. Tras a presentación do acto realizada polo secretario da asociación de comerciantes ábaco, Felipe Gutiérrez, quen expuxo como sería o desenvolvemento desta campaña, tomando a continuación a palabra o resto de autoridades que presidian o acto, valorando todos eles positivamente o traballo que vén desenvolvendo ábaco en prol do comercio e a gastronomía de A Guarda, e que campañas como estas son as que dan a coñecer este pobo. A continuación realizouse o tradicional corte de cinta, dando así por inaugurada a “I Ruta da Tapa A Guarda 08”. Os case cen asistentes a este acto, puideron ver in-situ vinteunha das vintecatro tapas participantes nesta ruta, xa que dúas dos restaurantes participantes nesta ruta atópanse de vacacións ata o día 30 de outubro e o outro por causas de forza maior foille imposible asistir ao acto. Os asistentes degustaron as diferentes tapas e o comentario era unánime na calidade de todas elas sobre todo tendo en conta que o prezo será de tan só 1€. Posteriormente as autoridades e invitados, visitaron un dos establecementos da ruta, onde selaron os seus correspondentes pasaportes e tomaron a tapa correspondente. Para máis informacion visita a nova páxina web de ‘ábaco’ deseñada por Índice Comunicación: http://www.asociacionabaco.com Redactado por Satoko el Sábado 18 de Octubre de 2008Comentarios
Comentar este artículo
|