Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Charla-presentación sobre software libre para PYMES

Jueves 23 de Octubre de 2008

A Xunta Directiva de ‘ábaco’ invítao á charla-presentación sobre Software Libre para Pymes o vindeiro venres 24 de outubro ás 20:30 horas no local da asociación (Manuel Lomba, 7), na que se regalará a cada asistente un DVD con máis de 10 programas gratuitos de calidade para tendas, oficinas e empresas en xeral, editado pola Consellería de Innovación e Industria “Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información” da Xunta de Galicia.

Empregando os programas contidos neste DVD vostede poderá crear documentos de texto, follas de cálculo ou presentacións multimedia, navegar por Internet ou usar o correo electrónico. Ademáis poderá tamén facturar automáticamente, manter o control das súas contas, xestionar os recursos da súa empresa, a relación cos seus clientes ou incorporar as máis innovadoras ferramentas de traballo colaborativo en rede.

O acto será presentado por Fernando Coello, directivo de ‘ábaco’ e diseñador gráfico de Índice Comunicación, e a charla será levada a cabo por Rafa Couto de Aplicaciones y Redes, unha empresa de Vigo especializada en Software Libre. O acto contará tamén coa colaboración de Jorge Alonso, Técnico en Aplicacións informáticas de Xestión e Administración de Sistemas Microinformáticos.

Redactado por Satoko el Jueves 23 de Octubre de 2008
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.