Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Cándido Pazó este venres no Celtic Harp

Martes 23 de Diciembre de 2008

Este venres noite, ás 23:30 no Celtic Harp da Guarda actuará o coñecido actor galego Cándido Pazó dentro do ciclo “Noites de monólogos”

Cándido Pazó comeza a súa actividade como actor en 1975, vinculándose ao nacente movemento teatral da súa cidade e da Galiza, sendo un dos “benxamíns” das xeracións xurdidas arredor dos primeiros encontros da histórica Mostra de Ribadavia. Foi membro fundador da compañía viguesa A Farándula, traballando en tódolos seus espectáculos ata a disolución desta en 1983.

Complementou o seu autodidactismo cunha formación por medio de pequenos cursos e seminarios. Asistiu ás clases de Philippe Gaulier en París. Logo dunha etapa de actor en diversas compañías e no CDG e de axudante de dirección (Eduardo Alonso en teatro; Octavio Gómez, Manuel Gómez Pereira, García Sánchez ou Miguel Gato en cine). Debutou como autor e director de escena con compañía propia, Tranvía Teatro en 1989 coa peza O melro branco.

A partir de entón escribe, dirixe ou fai adaptacións para varias compañías, especialmente Ollomoltranvía (resultado da fusión da súa compañía con Ollomol en 1993) pero tamén en Teatro do Malbarate, Teatro do Xalgarete, Títeres Tanxarina, Teatro do Noroeste, Teatro do Atlántico, Talía Teatro, CDG ou Teatro de Adro.

Está presente, con ponencias e traballos, nos máis importantes foros de reflexión e discusión sobre o feito teatral galego coma o TEATRAgal ou a Comisión Técnica de Teatro da Ponencia de Teatro e Música do Consello da Cultura Galega.

Foi parte dos dramaturgos europeos seleccionados para participar na Marathon Europea de Creación Teatral, proxecto de escritura dramática dentro do programa cultural Bruxelas 2000.

É, ademais, guionista para televisión (A familia Pita, Pratos Combinados, Mareas vivas) e dedícase tamén á narración oral, actividade emerxente hoxe en día na Galiza e pola que se sente especialmente seducido, sendo numerosas as súas actuacións como conteiro, tanto en directo como en radio e televisión. Tamén actuou na película Heroínas (2005).

Desde 2005 é presidente da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena (AADTG).

Para saber máis:

http://gl.wikipedia.org/wiki/C%C3%A1ndido_Paz%C3%B3

Redactado por Satoko el Martes 23 de Diciembre de 2008
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.